Un camión precipítase por un desnivel de 15 metros na AP-9 á altura de Ames e o seu condutor sae ileso

Un camión que transportaba alimentación sufriu unha saída de vía e caeu por un terraplén duns oito metros na autoestrada AP-9, ao seu paso polo municipio coruñés de Ames, no límite co concello de Santiago.


|

Un aparatoso e espectacular accidente tivo lugar esta mañá na AP-9, ao seu paso por Ames, implicando a un camión de alimentación. 

 

A pesar de que o vehículo se precipitou desde unha altura de 15 metros, o condutor do tráiler puido abandonar a cabina polo seu propio pé. 

 

Cami
Foto: @g24noticias

 

Un camión que transportaba alimentación sufriu unha saída de vía e caeu por un terraplén duns 15 metros na autoestrada AP-9, ao seu paso polo municipio coruñés de Ames, no límite co concello de Santiago.

Segundo trasladou o 112 Galicia a Europa Press, varios particulares alertaron á central de emerxencias sobre as 10,00 horas deste sinistro que se produciu, en concreto, no quilómetro 76 da AP-9 en dirección Pontevedra.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) mobilizou ata o lugar aos Bombeiros de Santiago e ao GES de Brión, que unha vez no punto confirmaron que o condutor do camión xa se atopaba fóra da cabina.

Cabe destacar que para poder acceder ao lugar ao que caeu o camión, os servizos de emerxencia tiveron que facelo a través da estrada SC-20 xa que, segundo sinalaron, desde a AP-9 había demasiada altura.

Así mesmo, o 112 Galicia tamén informou do accidente á Garda Civil de Tráfico, que enviou dúas patrullas, e aos servizos sanitarios, así como a persoal de Audasa.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE