Persoas con discapacidade intelectual limpan o Río Sarela nunha alianza verde entre Viaqua e Amicos
Fixérono como parte dunha acción de concienciación na que colaboraron a empresa galega de xestión de augas Viaqua, o colectivo de persoas con discapacidade intelectual Amicos e os nenos que participan estes días no campamento de verán da Fundación Universidade de Santiago.
Case un centenar de persoas reuníronse hoxe no Parque de Galeras de Santiago para limpar este espazo verde e o leito do río Sarela.
Fixérono como parte dunha acción de concienciación na que colaboraron a empresa galega de xestión de augas Viaqua, o colectivo de persoas con discapacidade intelectual Amicos e os nenos que participan estes días no campamento de verán da Fundación Universidade de Santiago.
Macarena Fernández do Prado reside no Fogar de Amicos en Comoxo (Boiro) e hoxe mostrábase moi contenta co resultado da experiencia. “Achégame moita enerxía, e moita alegría porque me mostra que eu tamén teño talento para facer cousas” declarou a Galiciapress esta muller de 26 anos, que ademais destaca o plus que supón poder realizar a actividade xunto a menores "porque me encanta os nenos”.
Pola súa banda, a xerente de Viaqua en Santiago explica que se busca “dar visibilidade á inclusión e ao coidado do medio ambiente, sobre todo da auga, destacando a importancia de coidala, porque é un recurso limitado en calidade e en cantidade”. Ana Tejeiro, ao fío da onda de calor, lembra que é moi importante facer un uso responsable da auga, non só agora, cando tememos á seca, senón durante todo o ano.
“É un recurso limitado e hai que facer un consumo responsable”, insiste. A experta pide a colaboración cidadá porque “todo o que se tira ao desaugadoiro practicamente chega á depuradora, moitos residuos como toalliñas ou bastoncillos provócannos avarías nas bombas que tratan eses residuo; o que aumenta os custos enerxéticos, tamén temos que usar máis reactivos químicos e en definitiva o usamos recursos que repercuten no medio ambiente”.
Pola súa banda, o Responsable de área de alianza con persoas e empresas Miguel Beiro Caamaño de Amicos destaca que este tipo de actividades serven para integrar ás persoas con discapacidade intelectual e darnos conta que “necesidades de apoio témolas todos, o único que varía é a intensidade e a frecuencia do apoio”.
“Para Amicos hoxe é un gran día no que fortalecemos e visibilizamos a nosa alianza con Viaqua para construír futuros verdes e inclusivos”, engade. Puxo a Viaqua son un exemplo do apoio que necesitamos para lograr obxectivos comúns. Caamaño destacou que é importante que as axudas ás persoas con discapacidade flúan non só desde o sector público, tamén desde o privado.
Amicos é un colectivo de familiares e persoas con discapacidade que leva décadas traballando sobre todo na área do Barbanza, onde Viaqua tamén está presente, pois xestiona a auga de Ribeira. É unha ONG que non só atende a centenares de persoas, tamén as forma e intégraas laboral e socialmente.
VOLUNTARIADO VERDE
A iniciativa deste xoves está enmarcada dentro do programa europeo Limpemos Europa de Viaqua e do proxecto Re-Mar da Asociación de Amigos, ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía sobre a importancia do consumo responsable e o impacto dos residuos que xeramos no medio ambiente onde vivimos.
Para iso, o persoal voluntario de Viaqua transmitiu aos participantes consellos sobre como
facer un uso responsable da auga no fogar e que produtos non debemos tirar polo inodoro,
como toalliñas, palitos e compresas, entre outros, que desembocan en ríos como o Sarela, que agora loce máis limpo grazas ao labor dos voluntarios mediomabientales de Amicos.
Escribe o teu comentario