O sindicato médico galego SIMEGA deixa a súa matriz estatal CESM
O Sindicato Médico de Galicia (SIMEGA) anunciou a súa desvinculación da Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM), unha decisión que marca un punto de inflexión na representación sindical dos médicos galegos. Esta separación prodúcese tras anos de colaboración, buscando, din os médicos galegos, unha acción sindical máis directa e adaptada ás particularidades de Galicia.
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) é a organización sindical maioritaria do sector médico a nivel nacional, fundada en 1979 co obxectivo de defender as condicións laborais e profesionais dos médicos en España. Pola súa banda, SIMEGA foi até agora a rama galega desta confederación, representando os intereses específicos dos facultativos na comunidade autónoma.
SIMEGA argumenta que esta decisión responde á necesidade dun labor sindical máis próxima e coordinado coa realidade galega. O sindicato considera que a visión de CESM sobre os problemas da profesión médica en Galicia pode non ser o suficientemente precisa, o que xustifica o seu desexo de actuar con maior autonomía.
SIMEGA é minoritario no conxunto do SERGAS pero é un das centrais con máis peso entre os médicos. Isto confírelle unha posición negaciodora especialmente relevante.
A transferencia de competencias sanitarias ás comunidades autónomas é outro factor crave nesta decisión. SIMEGA sostén que este marco competencial esixe unha maior coordinación entre as entidades profesionais galegas, priorizando así a defensa dos dereitos dos médicos da rexión.
O sindicato galego sinala que, en ocasións, as grandes estruturas organizativas poden dificultar a identificación e resolución de problemas locais. Con esta separación, SIMEGA busca unha maior axilidade e eficacia no seu labor sindical.
A pesar da ruptura, SIMEGA expresou o seu agradecemento a CESM polo apoio recibido desde a súa fundación. O sindicato galego mantén o seu compromiso de seguir traballando pola mellora das condicións laborais e a defensa dos dereitos profesionais dos médicos e facultativos, agora desde unha posición de maior independencia.
Esta decisión de SIMEGA reflicte unha tendencia cara á regionalización da acción sindical no sector sanitario, adaptar ás particularidades de cada comunidade autónoma. Á fin e ao cabo, as competencias están transferidas ás autonomías, polo que o marco legal e o funcionamento dos servizos públicos de saúde non é o mesmo nas diferentes comunidades.
Escribe o teu comentario