SOS Sanidade Pública convoca unha rolda de prensa para este luns en Santiago
A rolda de prensa terá lugar no Centro Sociocultural de Fontiñas ás 11:00

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocou para este luns, día 24 de abril, unha rolda de prensa co obxectivo de informar da mobilización xeral de todas as plataformas de Galicia en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria.
A esta rolda de prensa, segundo afirman desde a platanforma, asistirán representantes das diferentes plataformas e organizacións que integran SOS Sanidade Pública, entre elas algunhas como Pediatras e Matronas Xa.
O acto terá lugar no Centro Sociocultural de Fontiñas, na rúa Berlín de Santiago de Compostela, ás 11:00 horas.
Escribe o teu comentario