A USC realizará a análise sanitaria das poboacións piscícolas de ríos e centros ictiogénicos durante 20 meses
A universidade compostelá foi seleccionada para analizar periodicamente e avaliar riscos en ríos e centros ictiogénicos
A Universidade de Santiago de Compostela foi seleccionada pola Xunta de Galicia para realizar a análise sanitaria das poboacións piscícolas dos ríos e dos centros ictiogénicos durante os próximos 20 meses.
Así o trasladou o goberno autónomico nun comunicado no que explicou as bases deste contrato, que conta cun orzamento de máis de 81.000 euros, un 75% do total financiado pola Unión Europea.
O obxectivo é prestar un servizo de avaliación de risco con análises periódicas a través de mostras obtidas destes hábitats para vixiar así o estado sanitario e toxicolóxico destas poboacións e investigar posibles incidencias.
Nesta liña, avanza a Xunta , a función destes procesos de control será o diagnóstico de patoloxías de orixe bacteriana, vírica, fúngica ou parásita co fin de que sirvan de base para planificar e xestionar adecuadamente os riscos no medio natural.
Escribe o teu comentario