Galicia notifica un novo falecemento por Covid

Os casos activos de Covid aumentan a 1.358 na Comunidade de Galicia.


|

Archivo - Un trabajador sanitario totalmente protegido ayuda a subir a la ambulancia a un anciano de la residencia de ancianos de San Cibrao donde se ha originado un brote de Covid-19, en San Cibrao,
Arquivo - Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián

Os casos activos de Covid-19 en Galicia aumentaron até os 1.358, o que supón 32 máis que os rexistrados este pasado venres pola Consellería de Sanidade. Ademais, o Sergas, ha nitificado un novo falecemento, polo que as vícitmas con Covid na comunidade galega ascenden a 3.983 desde o inicio da pandemia.

 

Segundo os datos achegados pola Consellería, recollidos até as 18:00 horas deste venres, os casos activos soben na área sanitaria da Coruña e Cee, que rexistra 233 (dúas máis), na de Lugo, A Mariña e Monforte, que conta con 165 (16 máis), na de Santiago e O Barbanza, con 211 casos activos (12 máis) e na de Vigo, que notifica 304 (13 máis).

 

Pola contra, descenden na área sanitaria de Ferrol, que rexistra 88 (3 menos), na de Ourense, Verín e Ou Barco, que baixa até os 229 (seis menos) e na de Pontevedra e O Salnés, que conta con 127 (un menos).
 

PACIENTES HOSPITALIZADOS

Con respecto aos pacientes hospitalizados, os datos coñecidos este sábado reflicten un lixeiro descenso, xa que os centros hospitalarios galegos contan con 166 persoas ingresadas con Covid-19, unha menos que na xornada anterior.

 

En planta notifícase un paciente menos ingresado, polo que se sitúan nun total de 158, mentres que nas unidades de coidados intensivos mantéñense oito persoas.


Do total de pacientes hospitalizados, 50 atópanse na área sanitaria da Coruña, 29 na de Ourense, 26 na de Lugo, 23 na de Vigo, 20 na de Santiago, 14 na de Pontevedra e catro na de Ferrol.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE