O novo centro de saúde do Milladoiro, sen luz temporalmente tras sufrir falta de calefacción
A Xunta inaugurou o Centro de Saúde do Milladoiro fai menos de dous anos. A pesar de ser novo, os problemas acumúlanse.
Tras as queixas pola falta de calefacción e auga quente, usuarios denunciaron que esta mañá quedou sen luz, o que provocou que algúns usuarios non puidesen facer as súas analíticas alí.
RESPOSTA DA XUNTA
Consultadas por Galiciapress , fontes oficiais do SERGAS en Santiago confirmaron o corte de enerxía, aínda que minimizaron a súa magnitude. "Houbo unha avaría e foron os técnicos de mantemento do SERGAS enseguida", explican. Os traballadores da Xunta lograron que "houbese luz nunha parte, pero non en todo".
Desde Sanidade tiveron que chamar a "a empresa construtora", que conseguiu liquidar a incidencia "sobre as 10 da mañá".
A pesar desta intervención do SERGAS non se logrou evitar que houbese prexuízos. "Máis de 50 persoas para facer analítica, que nos teremos que ir para casa sen facela", queixábase un usuario este venres nas redes sociais.
Algúns zafraron buscar alternativas motu proprio. "Eu me fuí ao clínico antes de que volvese a luz, porque unha enfermeira dixo que ás nove e media se non estaba a luz non se picaba, e no clínico co volante sen problema ás dez de volta en Milladoiro", sinalaba outro.
Con todo, algúns comentarios indicaban que a situación se foi normalizando ao apuntar que "nos picaron a todos sen problema". Hai que lembrar que o SERGAS adoita dar citas para facer análise -moitos dos cales requiren xaxún- desde primerísima hora da mañá.
A semana pasada houbo días que o centro non tivo calefacción. Todo non pasaría de algo case anecdótico de non ser porque os problemas parecen non ser puntuais. "Outra vez? Hai pouco máis de dúas semanas igual non podían nin expedir receitas nai miña !" escribiu unha paciente tras entererarse do corte de luz hoxe mentres que unha sanitaria cando se decatou da falta de calefación hai uns días dixo que "no inverno do 2020 fixen unha substitución no inverno case morriamos de frío, os médicos levaban radiadores, unha vergoña". Ademais, o edificio é moi novo, non debería ter talles problemas reiterados.
A empresa Construcións Ramírez S.L.#U. gañou a adxudicación do Centro por un importe de 2.371.847 euros (IVE incluído) en 2018, segundo sinalou o Concello. O alcalde, o entón presidente da Xunta e a actual xerente do SERGAS en Santiago Eolína Nuñez o inaguraron en xaneiro de 2021.
Escribe o teu comentario