A Xunta enviará directamente aos domicilios o test de cribado para a detección precoz do cancro colorrectal
O estudo comparativo revelou que este incremento de participación permitiría detectar ao redor de 50 casos máis de cancro ao ano
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade acordou modificar a estratexia do Programa de Detección Precoz de Cancro Colorrectal, tras confirmar por medio dunha pilotaxe, e un estudo comparativo, a posibilidade de incrementar a taxa de participación no programa en 12.000 participantes. Para iso, a admnistración autonómica enviará directamente aos domicilios tests de cribado para a detección deste tipo de cancro.
Até agora, Sanidade enviaba por correo postal unha invitación á poboación diana a partircipar no programa. No caso de que o usuario acceptase colaborar, enviábaselle ao domicilio o kit para realizar a toma de mostra. Así, levaron a cabo un total de 1.300.00 invitacións válidas desde o inicio do programa. As que entregaron os tests foron menos da metade, un total de 423.000.
Despois de pór recentemente en marcha unha pilotaxe na área sanitaria da Coruña e Cee, Sanidade decretou que se pode conseguir un incremento de 12.000 participantes ao ano se se procede a enviar directamente os kits, sen a invitación previa.
O estudo comparativo revelou que este incremento de participación permitiría detectar ao redor de 50 casos máis de cancro ao ano.
A Xunta espera, así, que se incremente a participación en roldas iniciais e, en consecuencia, a detección de máis casos. Ao mesmo tempo, agardan que permita reducir os custos derivados dos posibles casos de cancro colorrectal que se detectarían fóra do programa de cribado, é dicir, os sintomáticos.
Escribe o teu comentario