Colapso da xustiza penal en Ourense con máis de 3.500 causas atrancadas pola falta de persoal
A reorganización derivada da Lei de Eficiencia deixou o Servizo Común de Tramitación Penal do Tribunal de Instancia cun persoal reducido máis do 54%, disparando as suspensións de xuízos e aprazando as vistas até 2027
O Servizo Común de Tramitación Penal do Tribunal de Instancia de Ourense acumula máis de 3.500 procedementos sen resolver e case un milleiro de escritos pendentes. Así o denuncia o sindicato Alternativas na Xustiza, que advirte de que a situación non é conxuntural senón estrutural: a reorganización imposta pola nova oficina xudicial reduciu o persoal máis dun 54% respecto dos efectivos cos que contaban os antigos xulgados.
Antes da reforma, o tres xulgados de instrución e os dous xulgados do penal sumaban entre si 37 traballadores entre xestores, tramitadores e auxiliares. Coa creación do Tribunal de Instancia, o servizo quedou dividido en dúas seccións —instrución e enjuiciamiento— cunha dotación total que apenas alcanza a metade daquela cifra. A sección de enjuiciamiento conta unicamente con catro traballadores para atender dúas prazas xudiciais, aos que se suman dúas persoas dedicadas exclusivamente a sinalar as vistas de violencia sobre a muller.
Desde o 1 de xaneiro, a xustiza na provincia funciona baixo o modelo de nove tribunais de instancia, con cambios organizativos que, segundo avogados, procuradores e traballadores da administración, xeraron un auténtico caos nos xulgados, requirindo máis tempo do previsto para adaptar ao novo sistema.
PERSOAL Ao LÍMITE
A escaseza de efectivos en instrución arrastra directamente á sección de enjuiciamiento. Tres das catro traballadoras desa sección ven obrigadas a cubrir gardas semanais, o que significa que durante esas quendas unha soa persoa debe atender todas as vistas sinaladas sen posibilidade de revisar si os implicados foron citados nin si existen escritos pendentes.
Esta situación disparou o número de suspensións: só no primeiro trimestre de 2026 suspendéronse preto de 70 vistas, ás que se suman máis de 550 procedementos pendentes de celebración de xuízo a 31 de marzo. Os señalamientos xa se prolongan até 2027.
A sección de instrución, pola súa banda, xestiona máis de 2.500 procedementos e supera os 650 escritos, ademais de asumir gardas e preparar diariamente declaracións de investigados e prexudicados. O sindicato alerta de que esta sobrecarga fai practicamente inviable cumprir o prazo dun ano que establece o artigo 324 da Lei de Enjuiciamiento Criminal para a instrución de causas, co risco real de que numerosos casos sexan arquivados por non prorrogar a tempo as dilixencias.
DIÑEIRO EUROPEO SEN DESTINAR A XUSTIZA
Alternativas na Xustiza sinala que tanto a Dirección Xeral de Xustiza como o Secretario Coordinador do Tribunal de Instancia de Ourense foron advertidos en varias ocasións desta situación, polo que non poden alegar descoñecemento.
O sindicato lembra ademais que a Xunta de Galicia asumiu en 1996 as competencias en materia de persoal ao servizo da Administración de Xustiza, e que coa entrada en vigor da Lei de Eficiencia recibiu, segundo palabras do propio presidente Alfonso Rueda, máis de 1,1 millóns de euros do Estado con cargo a fondos europeos, recursos que, segundo denuncia o sindicato, non se están destinando a reforzar nin o persoal nin as condicións laborais do servizo.
Os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial xa mostraban, entre o segundo e terceiro trimestre de 2025, un incremento dos asuntos sen resolver na xurisdición penal de Ourense, que pasaron de 5.292 a 5.841.
Escribe o teu comentario