Quirónprevención abre un novo centro en Narón para reforzar a saúde laboral

Quirónprevención inaugurou un novo centro dedicado á vixilancia da saúde laboral no municipio coruñés de Narón,  . As instalacións, situadas na rúa Grove, 1, convértense nun punto de referencia para os recoñecementos médicos e a prevención de riscos no norte da provincia coruñesa.


|

Apertura centro mu00e9dico Naru00f3n
Apertura centro médico en Narón

No acto de inauguración participaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro Díaz, representantes de empresas locais e responsables de Quirónprevención, entre eles a directora do novo centro, Sandra Fernández, e a directora provincial, Belén Reija. Ferreiro destacou que esta apertura “reforza a oferta de servizos avanzados en Narón e evita desprazamentos a outros municipios”, nunha zona con forte presenza industrial.

 

A empresa sanitaria di que o novo espazo dispón de 340 metros cadrados e seis consultas médicas equipadas con tecnoloxía de última xeración, orientadas a mellorar a eficiencia enerxética e a experiencia dos usuarios. O deseño do centro busca axilizar as distintas fases do recoñecemento médico e ofrecer maior comodidade tanto ao persoal sanitario como ás persoas traballadoras. 

 

Actualmente, a compañía asegura que presta servizos a máis de 8.000 empresas e 217.000 profesionais en Galicia, onde realiza unha media anual de 150.000 recoñecementos médicos. A súa presenza esténdese polas principais cidades galegas —A Coruña, Santiago, Vigo, Lugo, Pontevedra e Ourense—, configurando unha rede consolidada no ámbito da prevención de riscos laborais.

 

A nivel nacional e internacional, Quirónprevención  di ter 7.000 empregados, 170.000 empresas clientes e máis de 4,5 millóns de traballadores protexidos.

 

Quiru00f3nprevenciu00f3n abre un nuevo centro en Naru00f3n
Quirónprevención abre un novo centro en Narón 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE