O autobús que cobre a liña entre Ribeira e Santiago substituído por "unha furgonetilla", denuncian usuarios

Unha usuaria do servizo que cobre Monbus, concesionaria da liña de transporte regular, denuncia o ocorrido o pasado martes 3 de febreiro, cando unha "furgoneta branca" transportou aos viaxeiros até Santiago en lugar do autobús habitual. A empresa sostén que se debeu a un "feito puntual e illado". 


|

Monbus furgoneta blanca
Foto compartida pola denunciante do vehículo de Mobus que a levou de Ribeira a Santiago o pasado martes

 

Os datos indican que nos últimos anos o número de viaxeiros que utilizan o autobús para mover por Galicia creceu exponencialmente. Só en novembro, cando se experimentou un crecemento por encima do 4%, eran 6 millóns de usuarios na comunidade, segundo os datos do INE. No entanto, os que habitualmente toman este servizo, afán denunciar os malos tratos ao que en ocasións ven sometidos. Atrasos, avarías, buses que non pasan...e cando pasan, ás veces, non son buses. Ocorreu esta mesma semana na liña que conecta Ribeira con Santiago de Compostela, cando nunha das frecuencias directas que conectan a capital galega con varias localidades barbancesas os pasaxeiros chegaron á estación de autobuses de Compostela subidos no que describiron como "una furgonetilla branca", e non no autocar habitual. 

 

 

"INCOMODÍSIMO, MAREADA...UN INFERNO"

Ana (nome ficticio para manter a privacidade da denunciante), relata a súa experiencia do pasado martes 3 de febreiro, cando se sorprendeu ao ver chegar á parada, onde debía chegar o bus de Monbus que cobre a conexión entre Ribeira e Santiago nunha das últimas frecuencias do día, "unha especie de furgoneta branca" que recolleu aos que esperaban ao transporte. Sen saber se realmente este era o vehículo que a ía a levar á capital galega, compartiu as súas impresións co condutor, ao que lle manifestou que "nunca me levou unha furgoneta". "Hoxe o coche que vai a Santiago é este", respondeulle o chofer. 

 

 

"Súbome e vexo que nin sequera ten todas as filas de asentos. Ten a primeira fila de asentos, que son tres asentos e un asento detrás solto, e, despois, os raíles que ten como para montar o resto de asentos", declara a usuaria, que asevera haber "flipado" coa situación, viaxando xunto a uns poucos pasaxeiros nun transporte que "non tiña nin maleteiro, polo que a miña maleta ía tirada no solo, detrás".

 

"Incomodísimo, fun mareada todo o camiño, un viaxeiro, para poder baixar, co espazo que había e a porta alén, tivo que pasar sobre min, a porta era como a dunha furgoneta, con manilla, non se abría de maneira automática...", relata Ana, que non dubida en cualificar a viaxe como "o inferno". 

 

WhatsApp Image 2026 02 04 at 13.30.43 (1)
Imaxe compartida pola denunciante tomada no interior do transporte

 

A denunciante consultou ao condutor os motivos polos que non a recolleu o autocar habitual, se se debía a algo puntual ou si, entre semana, cando o número de viaxeiros é máis baixo, nalgúns horarios cubríase o servizo con estes vehículos. O traballador alegou que se trataba dun recurso de emerxencia porque "houbo lea, porque se estragou un bus, pero normalmente vén un mediano".  

 

A continuación, o condutor tampouco escondeu que as últimas semanas foran especialmente convulsas e mostrouse moi crítico co preacordo que alcanzaran UXT e CC.OO. coa patronal: "Díxonos que o convenio que se quería asinar era peor que o que xa había, que lles quitaban máis cousas, como unha rebaixa nas dietas de 16 a 8 euros, que onde ía comer el por só 8 euros". 

 

"Déixannos vendidos", apostilou o condutor. Este venres os traballadores do transporte de viaxeiros por estrada esperan impacientes a posible resolución dun conflito que vivirá o luns un novo encontro entre os empresarios e os sindicatos a fin de achegar posturas cunha nova proposta que evite unha folga indefinida que parecía aparcada co pacto da semana pasada pero que volve sobrevoar o sector, ameazando a miles de viaxeiros.

 

 

"UN FEITO PUNTUAL E ILLADO"

O ocorrido o pasado martes na liña entre Ribeira e Santiago de Compostela debeuse, segundo comunican desde Monbus a este diario, a "un feito puntual e asilado". "O transporte utilizado cubría sen problema o servizo", argumentan, á vez que apostilan que en febreiro e entre semana "o número habitual de usuarios que utilizan a liña nese horario" cubríase sen necesidade dun bus máis grande.

 

 

Dos horarios tamén teñen moito que dicir os usuarios da liña, que argumenta que "cun bus lento a e 10, un rápido a e cuarto, e outro rápido que pasa polo hospital á mesma hora", a empresa podería facer unha repartición diferente das frecuencias. "Talvez non fai falta pór tres buses á mesma hora", subliña Ana. 

 

Este diario consultou onte, xoves 5 de febreiro, os motivos deste cambio á Dirección Xeral de Movilidade da Xunta de Galicia e saber se respondía a unha incidencia puntual ou algo sostido no tempo, así como se a concesionaria notificara a Mobilidade o cambio e as circunstancias do mesmo. Até o momento da publicación deste artigo, Galiciapress non tivo resposta por parte do Goberno de Galicia. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE