Sanidade destina case tres millóns de euros en material sanitario
As empresas interesadas nesta licitación teñen de prazo até o día 30 de xaneiro para presentar as súas ofertas
A Consellería de Sanidade anunciou a licitación por 2.951.616,56 euros para adquirir material sanitario para as sete áreas sanitarias galegas.
Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, adquiriranse pulseiras para a identificación de pacientes; filtros para reconstituir fármacos mediante xiringa e outros filtros para realizar probas de función pulmonar, entre outros produtos.
Así, o contrato terá unha duración inicial de tres anos con posibilidade de prórrogas de até dous anos máis. Neste caso, o seu valor estimado ascenderá até os 4.553.457,78 euros.
Con todo, as empresas interesadas nesta licitación teñen de prazo até o día 30 de xaneiro para presentar as súas ofertas.
Escribe o teu comentario