Miles de voces claman contra Altri nas rúas de Santiago

A marcha, que partiu da Alameda e culminou na Praza do Obradoiro nunha xornada de ceos despexados, destacou pola súa carga simbólica. En recordo ao "río simbólico" que chegou á catedral hai un ano, os manifestantes recrearon esta vez un bosque autóctono mediante paraugas decorados con follas de carballos e castiñeiros.


|

El numero de manifestantes de la protesta llevada a cabo en santiago de compostela contra altri ha sido tal que el manifiesto ha tenido que leerse dos veces 4 800x450
Manifestación contra Altri na Praza do Obradoiro

 

 

 

As rúas da capital galega han volto a ser hoxe o escenario dunha mobilización masiva contra o proxecto da macrocelulosa de Altri na Ulloa e a reapertura da mina de Touro. Baixo a lema “Polas que somos e as que virán”, miles de cidadáns, colectivos ecoloxistas e representantes políticos uníronse nun exercicio de “dignidade colectiva” para rexeitar un modelo industrial que cualifican de extractivo e contaminante.ç

 

A marcha, que partiu da Alameda e culminou na Praza do Obradoiro nunha xornada de ceos despexados, destacou pola súa carga simbólica. En recordo ao "río simbólico" que chegou á catedral hai un ano, os manifestantes recrearon esta vez un bosque autóctono mediante paraugas decorados con follas de carballos e castiñeiros. Este xesto simbolizou a oposición frontal ao modelo forestal do eucalipto, clave para o funcionamento da factoría proxectada en Palas de Rei.

 

 

 

 

 

A protesta transcorreu nun ambiente tranquilo e festivo, animada por gaitas e a creatividade dos asistentes, quen portaron elementos como peixes de tres ollos para denunciar o impacto ambiental esperado no ecosistema fluvial.

 

Os portavoces das plataformas convocantes centraron os seus discursos na protección dos recursos naturais. Marta Gontá (Ulloa Viva) alertou sobre un modelo que “empobrece o territorio”, mentres que Xoaquín Rubido (PDRA) advertiu que Galicia non aceptará unha contaminación permanente nas súas rías.

Pola súa banda, Che Cancelo, da plataforma contra a Mina de Touro-O Pino, lembrou que o río Ulla abastece a máis de 145.000 persoas: “Nin Altri nin a mina están a funcionar grazas á mobilización do pobo; non aceptaremos ser unha terra de sacrificio”.

 

 

 

 

 

A xornada concluíu nun Obradoiro abarrotado onde peregrinos e manifestantes mesturáronse baixo o berro unánime de “Altri non, Ence fóra” e “A auga é nosa e non dá celulosa”, reafirmando que a convicción social contra a factoría segue intacta un ano despois.

 

A mobilización contou cun amplo respaldo do abanico asociativo —desde Greenpeace até a Sociedade Galega de Historia Natural— e unha nutrida representación política. A portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou o proxecto de “franquismo industrial” e esixiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que deixe de exercer como “comercial de Altri”.

 

A viceportavoz parlamentaria, Lara Méndez, reiterou a negativa socialista ao proxecto, subliñando que non responde as demandas sociais e lembrando que o Estado xa rexeitou o financiamento e a conexión eléctrica necesaria.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE