Incendios en Galicia: tráfico afectado polo lume en Camariñas e Sanxenxo con 40 ha calcinadas en Meaño

Varios incendios forestais ocupan neste momento a atención dos equipos de extinción.


|

Equipos de los servicios de Emergencias trabajan para extinguir el fuego, a 28 de julio de 2025, en Salvaterra do Miño.
Foto: EP


Galicia vive unha nova xornada na que se rexistran varios incendios forestais. Dous deles, en Camariñas (A Coruña) e Sanxenxo (Pontevedra), afectaron á circulación, aínda que fontes da Garda Civil da provincia coruñesa e do Concello pontevedrés han ratificado que a situación xa quedou normalizada.
 


No caso de Sanxenxo, o incendio produciuse en terreo forestal con vexetación baixa en Major. Até o lugar se desplazron medios de emerxencias municipais, así como bombeiros de Ribadumia e de Pontevedra, un helicóptero, catro brigadistas da Xunta, así como efectivos de Policía Local e Garda Civil.

Fontes municipais trasladaron que se calcinaron uns 3.000 metros cadrados, aínda que non houbo ningún desaloxo de vivendas. Tamén se chegou a cordar o tráfico e a desviar brevemente, aínda que finalmente a situación normalizouse.

A mobilización de efectivos tamén permitiu controlar con rapidez a situación provocada por un lume forestal en As Carballas, en Camariñas.
 

Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que o avance das chamas, con forte vento, obrigou a controlar a circulación, que se fixo máis lenta por momentos, aínda que "non se chegou a cortar de todo o tráfico". Tamén neste caso a situación normalizouse.

 

INCENDIOS EN SALVATERRA E MEAÑO 

En canto aos incendios máis significativos con respecto ao número de hectáreas queimadas, a Consellería do Medio Rural informou dun incendio activo no municipio pontevedrés de Meaño, na parroquia de Xil.
 


A superficie afectada, segundo as primeiras estimacións, subiu a 40 hectáreas.

En 30 hectáreas queimadas situaban os cálculos de Medio Rural a superficie afectada no lume de Salvaterra de Miño, en Pesqueiras, que obrigou na pasada xornada a activar a situación de alerta preventiva por proximidade de vivendas. Foi desactivada e este incendio xa foi estabilizado.

 

OUTROS LUMES NA COMUNIDADE

Fontes da Consellería de Medio Rural confirmaron que quedou extinguido outro incendio, este de orixe agrícola, en Cerdedo-Cotobade, na parroquia de San Xurxo de Sacos.
 

Incendio en Cerdedo-Cotobade
Incendio en Cerdedo-Cotobade


Tamén en Cerdedo-Cotobade permanece activo outro incendio, forestal neste caso, en Tenorio. Non hai aínda unha estimación de superficie afectada.
 


En Gondomar (Pontevedra), quedou controlado un lume rexistrado en Vincios. Na provincia de Lugo, hai dous lumes activos, en Quiroga e Carballedo; e en Ourense outro na mesma situación en Carballeda de Avia, aínda sen cálculos de superficie queimada. Estabilizado quedou sobre as 16,20 horas outro lume en Vilardevós.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE