Curso 2025/26: Xunta adxudica 10.320 prazas de profesores, 860 máis que o curso pasado
O Goberno galego ha feito público o concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) e o concurso xeral de traslados (CXT).
A Xunta adxudicou 10.320 prazas de profesores para o próximo curso escolar, 2025/2026, 868 máis que o ano pasado, a través do concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) e o concurso xeral de traslados (CXT).
Tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, no marco deste proceso dinámico, que a Consellería completará a principios de curso, séguense analizando as necesidades dos centros para darlles resposta coa dotación de persoal máis axeitado.
En concreto, a través do concurso de adxudicación de destinos provisionais consignáronse 7.000 prazas docentes, 37 menos que as do ano pasado, o que se explica polo forte aumento experimentado no concurso de traslados, con 905 prazas máis.
Dentro destas 7.000 atópanse aquelas que superaron as oposicións celebradas este verán e que se converten en persoal funcionario en prácticas. Unha vez acabadas as diferentes probas, nas que se inscribiron ao redor de 20.500 opositores, cubríronse o 86% das prazas convocadas.
Con respecto ao concurso xeral de traslados, este ano a Xunta deu destino definitivo a 3.320 docentes, 905 máis que o ano anterior, parte dos cales participaban con anterioridade no CADP.
Escribe o teu comentario