Sanidade cifra en pouco máis dun 15% o seguimento na folga de médicos polo Estatuto Marco

A protesta, convocada a nivel estatal, tivo un impacto menor, segundo cifra Sanidade, no SERGAS. 

 


|

Archivo - Sanitarios, médico, enfermero, sanidad, hospital, Castilla y León, Sacyl.
 

A folga de médicos convocada este venres a nivel estatal para protestar contra o borrador do Estatuto Marco que prepara o Ministerio de Sanidade alcanza en Galicia un seguimento do 15,52%, segundo datos da Consellería de Sanidade.

Trátase dun paro promovido en en toda España pola Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM), que na Comunidade galega apenas conta con representación despois de que se desligase dela o Sindicato Médico de Galicia (Simega).
 


Os datos da Consellería recollen que 1.170 médicos secundaron a folga na xornada deste venres, o 15,52% dos que estaban de quenda. Iso si, entre toda a atención hospitalaria, a participación ascendeu ao 20,66%, ao alanzar un 21,07% nos hospitais xerais e un 16,17% dos comarcais.
 


O complexo hospitalario onde máis profesionais participaron foi o de Vigo, cun 38,25%, seguido do de Ourense cun 29,03% e o de Pontevedra co 24,11%. Tamén alcanzou porcentaxes similares nos comarcais de Cee (25,64%) e Barbanza (24,14%). Os restantes oscilan entre o 18,75% do da Mariña e o 0% do de Monforte.

En cambio, na atención primaria só fixeron o paro un 3,29%, o que se traduce en 71 médicos de toda Galicia, sempre segundo Sanidade. Na empresa pública Galaria, foi do 2,7%.
 

Huelga mu00e9dicos
Foto: EP


O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicou o xoves os servizos mínimos, que se fixaron no 100% en ámbitos como as urxencias e as gardas médicas. A Consellería asegura que está a responder "adecuadamente a todas as urxencias" que se presentaron até agora.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE