Se Busca: Baltasar Vilar Durán, alias 'Saro', de Cambados
Saro é un dos históricos do narcotráfico en Galicia. Tras unha condena, a Policía le peridó a pista fai máis dunha década. Agora, os axentes piden axuda para atopalo. Advírtese que o seu perigo é "media".
A Policía Nacional volve pedir colaboración cidadá para localizar a Baltasar Vilar Durán, alias 'Saro', condenado a 45 anos de prisión por delitos de tráfico de drogas.
Baltasar Vilar Durán naceu no municipio pontevedrés de Cambados en 1956 e ten a tez branca, a cara alargada, os ollos azuis, e o pelo de cor castaña e canosa. Mide 1,71 metros e é de complexión delgada.
Nos seus inicios, entre os 70 e 80, dedicouse ao contrabando de tabaco baixo o mando de Manuel Abal Feijóo, máis coñecido como Patoco, o cal deu nome á planadora máis grande requisada en España, a Patoca. A embarcación, pilotada por Saro, foi varada na praia de Area Fofa, en Nigrán, en 2009.
Vilar Durán foi detido varias veces por operativos contra o tráfico de drogas e permanece en paradoiro descoñecido desde finais de 2013.
Agora, a Policía Nacional pide colaboración cidadá para poder localizalo e detalla que calquera persoa que teña información sobre el escriba a losmasbuscados@policia.es.
Escribe o teu comentario