A asistencia aos maiores da residencia de Castro Ribeiras de Lea pende dun fío pola falta de persoal

O persoal denuncia que non se está substituíndo ao persoal de baixa, de vacacións ou cunha excedencia.


|

Castro ribeiras de lea
Protesta ante a residencia de Castro Ribeiras de Lea

 

A #CIG denunciou este luns a "preocupante situación asistencial" que se dá na residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, e que relacionan coa política da empresa que xestiona o centro "ao non facer contratacións para substituír ao persoal que está de baixa, vacacións ou excedencia".

"Isto provoca que o resto do persoal teña que asumir unha sobrecarga de traballo brutal e, o máis grave, a desatención das persoas residentes", detallou a central sindical nunha nota de prensa.
 


Neste sentido, denunciou que a política da empresa consiste en cubrir estas ausencias co persoal de apoio que está previsto para cubrir incidencias puntuais ao longo do ano. En concreto, explicou que a falta de profesionais afecto especialmente ás categorías de enfermaría e gerocultora, "chegouse mesmo ao extremo de permanecer 24 horas sen presenza de persoal de enfermaría".

As delegadas da CIG advertiron das consecuencias que pode ter para a saúde dos residentes a falta de atención, "xa que se poden producir úlceras ou irritacións, ademais do malestar e a incomodidade que implicar estar toda a noite na mesma postura".
 

GqvUQhQXsAAK43X
Foto: CIG


"É un dereito das persoas residentes recibir unha atención digna e en condicións de calidade, non se pode abandonar deste xeito ás persoas usuarias", subliñou a central sindical. Por todo iso, instan á Consellería de Política Social a "asumir as súas responsabilidades".
 


Con todo, denunciaron que a falta de persoal esténdese a outras categorías como fisioterapia, "que está sen cubrir e as persoas usuarias non poden recibir a rehabilitación que necesitan". De feito, relatou que hai persoas que están a recibir tratamento no HULA e envíanos de volta á residencia asegurando que alí continuarán coa rehabilitación, pero é mentira, porque non hai fisioterapeutas".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE