Videocontos contra os “contos” sobre o autismo

A asociación OSPA (O Son da Palabra) presenta un videocuento inclusivo con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo que será o 2 de abril
 


|

IStock 1337580130
Infancia


A asociación OSPA (O Son da Palabra), dedicada a apoiar a persoas con discapacidade comunicativa, presenta un “videocuento participativo” creado para "romper estereotipos" e mostrar o potencial de nenos con diversidade funcional. A iniciativa, que coincide co Día Mundial do Autismo que se celebra o 2 de abril, inclúe a participación de menores con autismo, xordeira, dislalias e enfermidades reumáticas, xunto a nenos sen discapacidade, reflectindo unha mensaxe de "inclusión e posibilidades". 
 
 

Obxectivo: Desmontar mitos, visibilizar capacidades
O relato busca " combater falsas crenzas", como a imposibilidade de aprender a ler ou escribir, e subliña a importancia de "non subestimar" o desenvolvemento académico e persoal destes nenos. "Queremos demostrar que, cos apoios axeitados, poden alcanzar o seu máximo potencial, explica OSPA.


O videocuento, gravado con técnicas accesibles, é unha ferramenta pedagóxica para "familias, escolas e sociedade en xeral". Os obxectivos de OSPA con este traballo audiovisual é mostrar a diversidade como valor e para iso a necesidade de crear contornas adaptadas e á súa vez reclamar o dereito a unha educación sen límites preestablecidos.

 



Outras actividades de concienciación
O próximo 5 de abril, o Foro de Cine e Autismo Telemático reunirá a expertos, familias e amantes da sétima arte nun espazo virtual para analizar o papel do cine como ferramenta de sensibilización e representación do autismo. O evento contará coa participación destacada de Eduardo Ríos, profesional multidisciplinar cunha traxectoria única como Logofoniatra, Logopeda Forense, Audiólogo, Profesor de Canto e Técnica Vocal. Para participar deben inscribir antes do día 3 de Abril a osondapalabra@gmail.com
 

OSPA (O Son da Palabra) é unha organización sen ánimo de lucro dedicada a apoiar a persoas con dificultades na comunicación, linguaxe, fala, voz e deglución. A súa misión é mellorar a relación da cidadanía coa súa contorna, facilitando o acceso á educación, sanidade, servizos sociais, xustiza, accesibilidade e inserción laboral. A entidade está composta por logopedas, entidades, persoas usuarias e profesionais de diversas disciplinas, e ofrece apoio, información e formación a persoas de todas as idades que requiran asesoramento nestas áreas. Ademais, OSPA promove a vida independente e traballa desde un enfoque multidisciplinar para mellorar a calidade de vida da cidadanía.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE