A Mesa censura que "se xulgue a quen defende o galego" sobre os que deturpan a toponimia

O xuízo coincide, segundo A Mesa, con "un evento ultraespañolista que se anuncia alardeando de deturpar a toponomia da cidade, co patrocinio ademais da Xunta e a Deputación".


|

Orense
Foto de arquivo

 

A Mesa pola Normalización Lingüística concentrouse este xoves fronte aos xulgados de Ourense en apoio á "toponimia lexítima, oficial e legal", coincidindo co xuízo polas supostas actuacións nun valo que promovía a deturpación do nome da cidade.

O presidente da entidade, Marcos Maceira, considera "escandaloso" que se xulgue a dúas persoas por reclamar respecto ao único artigo prescriptivo da Lei de Normalización Lingüística, o artigo 10 que di que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega", un día antes de que teña lugar, tamén en Ourense, "un evento ultraespañolista que se anuncia alardeando de deturpar a toponomia da cidade, co patrocinio ademais da Xunta e a Deputación".

"Nisto tamén demostra o Partido Popular o pacto de enterro do galego que quere promover. As autoridades mostráronse máis preocupadas en buscar vítimas propiciatorias entre quen defende o dereito a vivir en galego que en facer efectivo e cumprir o artigo 10 da LNL", sinalou Maceira.

"En lugar de promover e defender a legalidade", continuou, "escollen abrir procesos empregando recursos públicos e métodos de dubidosa lexitimidade e legalidade".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE