O bloqueo do convenio colectivo nas residencias privadas saca ás rúas por centos de traballadores

O colectivo mantén as presións contra as grandes firmas, responsables de que "as categorías máis baixas do convenio non cheguen ao SMI".


|

ouProtesta en A Coruña de trabajadoras de residencias privadas
 

As traballadoras de residencias privadas continuaron este xoves na Coruña co calendario de mobilizacións para reclamar un convenio colectivo "digna" fronte, afirman, "a proposta insuficiente da patronal e a parális da negociación colectiva".

Nesta ocasión, a protesta consistiu nunha marcha de vehículos que saíu da residencia Pai Rubinos, pasou pola residencia Remanso, o edificio Amizar, onde están as dependencias da Consellería de Política Social e o complexo administrativo da Xunta de Galicia en Monelos para terminar diante da residencia Concepción Areal en Matogrande, de titularidade pública pero de xestión privada.

Con estas mobilizacións, as traballadoras denuncian, informa a CIG, "a importante perda de poder adquisitivo (do 7,8%) desde a firma do anterior convenio (2020-2023) por parte de CCOO e UXT, ao que hai que sumarlle o feito de que a subida do SMI neste período foi do 24,4%".

"Provocando que as categorías máis baixas do convenio non cheguen ao SMI e gran parte delas estean só 10 euros por encima en 2024", recalca a central sindical sobre as demandas do colectivo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE