O conselleiro Gómez Caamaño pon en valor a vacinación de 25.000 galegos fronte á gripe na actual campaña

Así o manifestou no acto de inauguración da XXV xornada central de formación en vacinas, na que tamén participou a directora do Centro Galego de Control e Prevención de Enfermidades, Marta Piñeiro
 


|

Gu00f3mez caamau00f1o
Gómez Caamaño


 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou este sábado os resultados do arranque da campaña de vacinación posta en marcha o pasado 23 de setembro, con case 25.000 galegos e galegas vacinados fronte á gripe e máis de 2.300 nenos e nenas inmunizados fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS).

Así o manifestou no acto de inauguración da XXV xornada central de formación en vacinas, na que tamén participou a directora do Centro Galego de Control e Prevención de Enfermidades, Marta Piñeiro.

O conselleiro de Sanidade explicou que, das persoas vacinadas contra a gripe, un total de 3.276 son persoal socio-sanitario, mientra que 21.353 son residentes. Igualmente, explicou que, desde o inicio da campaña, xa se vacinaron case 23.000 persoas contra a Covid, das que 2.069 son persoal socio-sanitario e 20.527 son residentes. Con respecto á vacinación de menores fronte ao VRS, explicou que as áreas de Vigo, A Coruña e Santiago están á cabeza.

Gómez Caamaño puxo en valor o compromiso dos profesionais sanitarios e a confianza da cidadanía no Programa Galego de Vacinación. "Sen a implicación de todo este persoal non teriamos estes magníficos resultados nin o prestixio do que goza Galicia en vacinación, tanto a nivel nacional como internacional", remarcou.

Segundo lembrou, a campaña de vacinación conxunta (gripe e Covid) comezou en setembro pasado, incluíndo como novidade a vacina intranasal para nenos e nenas entre 2 e 5 anos, que empezará a aplicar o luns.

Este ano, a Xunta fíxase como obxectivo lograr unha cobertura de vacinación do persoal sanitario do Sergas superior ao 75 %. Ademais, modificouse a estratexia na vacinación fronte ao virus do papiloma humano, xa que a evidencia científica avala a pauta dunha única dose e aumentar as cohortes de vacinación en home de até 18 anos.

Finalmente, o conselleiro de Sanidade puxo en valor xornadas como a celebrada este sábado en Santiago, que supoñen unha oportunidade para reforzar habilidades técnicas, actualizar coñecementos e aprender dos expertos, para seguir buscando solucións innovadoras para previr as enfermidades e promover a saúde pública. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE