Polémica en Gondomar polo cartel de aniversario dun club nocturno
Un valo publicitario anuncia unha festa cun espectáculo erótico coas imaxes de dous actores porno.
Imaxe do cartel instalado.
En Gondomar, un valo publicitario con dous actores porno está a levantar a polémica entre veciños e autoridades. Trátase do anuncio da festa de aniversario dun club de citas da zona, que algúns consideran inapropiado por sexista.
Ao parecer, polo lugar pasan moitos menores, ao atoparse preto de vivendas e do centro do pobo.
As autoridades municipais non teñen claro se hai delito ou non no anuncio, e están a estudar se emprenden accións legais ou non contra o cartel. A edil de Igualdade, con todo, considéraa "publicidade sexista" e avoga por "eliminala canto antes".
Forma parte dunha campaña que tamén se despregou por localidades como Vigo e Mos, polo que contactarán con ambos os dous concellos.
Escribe o teu comentario