Intento de asasinato de Donald Trump mentres xogaba ao golf
O detido é unha persoa con antecedentes que en redes sociais mostraba moito enfado contra Trump polas súas dúbidas sobre o apoio a Ucraína. Trump ve a súa supervivencia como una miestra da divindade da súa tarefa.
O pasado domingo, un aparente intento de asasinato contra o expresidente de Estados Unidos, Donald Trump, conmociona a Estados Unidos . O incidente tivo lugar no Trump International Golf Club, en West Palm Beach, Florida, mentres o exmandatario xogaba unha partida de golf.
O sospeitoso foi identificado como Ryan Wesley Routh, de 58 anos, un activista prol-Ucraína. Segundo medios estadounidenses, como a cadea CBS, Routh tentou recrutar combatentes estranxeiros para unir ás filas ucraínas na guerra contra Rusia, e viaxaría a Kiev no pasado.
Os informes indican que axentes do Servizo Secreto avistaron un rifle tipo AK-47 asomando entre uns arbustos preto do campo de golf, o que desatou unha rápida resposta. Tras o tiroteo inicial, o sospeitoso fuxiu nun automóbil, pero foi detido a 38 millas de distancia. Trump saíu ileso do incidente e máis tarde describiu o día como "interesante".
O suceso ocorre apenas dous meses despois doutro ataque contra Trump nun mitin en Pensilvania, o que intensificou os debates sobre a seguridade dos candidatos presidenciais. Lideres de políticos de ambos os partidos condenaron o intento de violencia e eloxiado a resposta do Servizo Secreto.
A investigación continúa, e as autoridades non descartaron a posibilidade de que o sospeitoso actúe en complicidade con outras persoas. Mentres tanto, Trump asegurou que continuará coa súa axenda de campaña.
Escribe o teu comentario