Científicos da USC en contra da macrocelulosa que Altri quere instalar en Pas

"O eucalipto, como calquera monocultivo, reduce drasticamente a diversidade biolóxica" sinala este grupo de científicos nun comunicado


|

Altri non
Altri non


 

Científicos dos departamentos de Botánica, Bioloxía e Zoología da Universidade de Santiago de Compostela (#USC) lanzaron un manifesto para visibilizar o "malestar e a desconformidade" de parte da comunidade científica coa "macrocelulosa" que Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei.

Ente os motivos que argumentan para xustificar a súa postura, expoñen a "deterioración dos ecosistemas e da biodiversidade". Para os investigadores da USC, a expansión das plantacións de eucalipto para abastecer a fábrica "aumentará a competencia pola terra, posiblemente desprazando a especies autóctonas e afectando os hábitats naturais".

"O eucalipto, como calquera monocultivo, reduce drasticamente a diversidade biolóxica. Ademais, terá un impacto máis aló da propia plantación, xa que se reducirá a conectividad entre zonas de alto interese para a biodiversidade", expoñen.

Doutra banda, cuestionan a instalación debido á "elevada sensibilidade ambiental" da zona proposta, así como o "grave impacto" no río Ulla que, apuntan, "sufrirá unha extracción diaria de 46.000 metros cúbicos de auga e recibirá 30.000 metros cúbicos de residuos tratados".

Así mesmo, afirman que a factoría emitirá diversos contaminantes atmosféricos, "incluídos óxidos de xofre e nitróxeno, principais responsables da choiva aceda, en cantidades moi importantes, monóxido de carbono, dióxido de carbono e material particulado". Estes contaminantes, aseguran, "non só afectarán á calidade do aire local", senón que "tamén o farán á biodiversidade como consecuencia da choiva aceda e poden ter efectos máis amplos no clima e na saúde pública.

Por todo iso, as persoas da comunidade universitaria e dos institutos de investigación oponse ao proxecto da instalación de "unha nova macrocelulosa en Galicia".

Os Departamentos, Xuntas de Facultade ou Centro de Investigación que aproben a súa adhesión poderán comunicala na dirección altri.non@grupos.nube.usc.gal. Para iso, deben enviar o manifesto asinado polo órgano de goberno correspondente ou, alternativamente, poden comunicar a súa adhesión desde a conta institucional do mesmo.

PETICIÓN Ao PARLAMENTO EUROPEO
Por outra banda, Esquerda Unida comunicou que rexistrou unha petición ao Parlamento Europeo para que avalíe si o proxecto da multinacional lusa cumpre coas directivas medioambientais da Unión Europea.

En concreto, solicitou que se valore o cumprimento das Directivas de protección e xestión de augas, as diversas normativas derivadas do Pacto Verde Europeo, a Directiva sobre os Hábitats, o Directiva marco sobre a estratexia mariña e calquera outra relativa á protección do medio ambiente pluvial e mariño.

Nunha nota de prensa, a formación entende que sería "inaceptable" pretender o acceso a fondos europeos por parte dunha empresa que "pon en perigo o medioambiente de varias comarcas galegas e varios sectores produtivos".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE