Escola Infatil Merlín Ou Milladoiro, con lista de espera pero en folga por falta de pagamentos

As traballadoras, a través da CIG, denuncian que hai meses que sofren atrasos e falta de pagamentos a pesar de que a matrícula deste centro está chea e mesmo hai lista de espera. A empresa, di o sindicato, culpa á Xunta. Agora empezan varias xornadas de folga.


|

Escola infantil Merlin en Google Maps
Escola infantil Merlin en Google Maps

O vindeiro martes, 25 de xuño, ás 12:30 horas, levará a cabo unha concentración fronte á Escola Infantil Merlín na Avenida Mahía, número 39 de Bertamiráns, Ames. Esta manifestación coincidirá co inicio dos tres días de folga convocados polas traballadoras do centro que reclaman o pago dos seus salarios pendentes e condicións laborais seguras, tras máis dun ano de incerteza sobre as súas remuneracións.

 

As empregadas da Escola Infantil Merlín anunciaron unha folga de tres días, desde o martes até o jueve para esixir á administración o fin de atrasos no pago dos seus soldos, situación que docem soportaron durante máis dun ano. Durante este período, alegan que traballaron durante meses recibir os seus salarios, cumprindo as súas responsabilidades laborais de maneira exemplar.

 

A delegada de persoal da CIG e o responsable de Ensino Privado da comarca de Compostela, Rubén Monteagudo, tentaron mediar na resolución deste conflito. A empresa argumentou que a Xunta realiza os pagos das matrículas con atraso, unha xustificación que non consideran válida, xa que é o mesmo procedemento seguido por outras escolas infantís privadas.

 

Desde abril, a representación da CIG solicitou acceso ás contas da empresa para verificar a veracidade destas afirmacións, pero só recibiron información incompleta. Ante esta falta de transparencia, o sindicato pediu auditoría, que aínda non se realizou despois de dous meses. Actualmente, as traballadoras teñen un salario pendente e seguen sen saber que ocorrerá cos próximos pagos.

 

Despois de numerosas reunións co empresario e os seus asesores durante o último ano, a central di que  ante a falta de compromiso para pagar a nómina de maio, as traballadoras decidiron convocar esta folga de tres días como unha medida de presión final para asegurar a súa estabilidade. As traballadoras alegan que a escola está en plena capacidade, con lista de espera, o que demostra a súa viabilidade e o recoñecemento social por parte da comunidade educativa.

 

As familias de ao redor de medio centenar de alumnos matriculados na escola apoian as reivindicacións das traballadoras, segundo a versión da parte social.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE