A área de Pontevedra contrata a celadores por horas para o CHOP, denuncia a CIG

O sindicato denuncia a vulneración dos acordos pactados para a contratación de celadores.


|

Celador hospital pasillo
Celadores

 

A Confederación Intersindical Galega (#CIG) vén de denunciar publicamente á xerencia da área sanitaria de Pontevedra pola contratación de persoal celdaro con "contratos de custodia por horas", o que considera unha vulneración dos "acordos alcanzados en reunións da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria".

 

O sindicato reitera que este tipo de contratos séguense facendo contra "a conciliación laboral e familiar" dos profesionais e transgrediendo desta maneira o pacto alcanzado coa dirección de que este tipo de contratacións de asumirían como de xornada completa, e non por horas como vén facendo pola xerencia. 

 

"Antes do acordo o persoal celador era contratando a demanda das horas requiridas para unha determinada custodia, polo que podíanche chamar ás dúas da mañá para traballar unha hora ou ben traballar as horas que fosen precisas, e ao final da custodia mandábanche para casa cobrando unicamente as horas que durara a custodia", explican desde o sindicato.

 

Nesta liña, lembran que en ocasións o ingreso "non superaba os 20 euros" e que as chamadas podían dar de madrugada "para traballar ese mesmo día en quenda de mañá". Aínda que desde a CIG mantiveron senllas reunións coa Comisión de Centro ao redor da situación dos celadores, onde se pactaron os acordos que agora se saltan as autoridades sanitarias, o sindicato interpreta que esta decisión motiva aos celadores a buscar ofertas de emprego noutras áreas sanitarias "nas que se lles mostra máis respecto e nas que teñen mellores condicións laborais".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE