AstraZeneca deixa de vender a súa vacina en Europa tras admitir os seus efectos secundarios
Tres anos despois de que se inxectasen as primeiras doses da vacina contra a Covid, sometida no seu momento a meses de probas, os laboratorios de AstraZeneca admiten que a inmunización pode estar estreitamente relacionada cos casos de trombosis que se rexistraron e denunciaron durante a crise sanitaria do coronavirus.
Foi a propia AstraZeneca a que pediu á Comisión Europa retirar a autorización de comercialización do o seu medicamento contra o Covid-19, que foi inscrito no Rexistro de Medicamentos da Unión o 29 de xaneiro de 2021.
O 27 de marzo, a Comisión Europea aceptou o cesamento de comercialización da vacina, efectivo desde o 7 de maio. A firma sostén que a decisión está motivada pola cantidade de vacinas existentes no mercado, o que "provocou unha diminución na demanda de 'Vaxzervria', que xa non se fabrica nin fornece".
Escribe o teu comentario