A amnistía marca o debate no Congreso entre dúbidas sobre a súa aplicación nos xulgados
Este xoves darase luz verde no Congreso dos Deputados á Lei de Amnistía, a polémica norma que resultou fundamental para as negociacións entre ERC e o PSOE que deron lugar ao novo Goberno de España. Entre críticas da oposición, o texto sairá aporbado hoxe cos votos do bloque de investidura.
O panorama, en todo caso, non parece positivo para os amnistiados, coa cúpula do poder xudicial clamando en contra da mesma.
O pasado luns 20 de maio todos os xuíces españois recibiron a través do seu correo corporativo unha guía contra a amnistía elaborada por Plataforma Cívica pola Independencia Xudicial na facilítanse dous formularios para elevar cuestións de inconstitucionalidade ou prexudiciais ao Tribunal Constitucional (TC) e ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), o que obrigaría a paralizar a aplicación da lei. A mensaxe foi enviado a través do correo corporativo do CGPJ.
Escribe o teu comentario