Gran manifestación contra a marea plástica de péllets en Santiago denunciando "incompetencia" das autoridades
As máis de cen organizacións convocantes da manifestación este 21 de xaneiro contra a marea de péllets en Galicia inicia o seu percorrido desde a Alameda compostelá até a Praza do Obradoiro. Á convocatoria asisten os líderes dos partidos da oposición, tanto parlamentaria como extraparlamentaria, todos eles a título individual. Desta forma pretenden reforzar o carácter "civil" da protesta contra a "incompetencia" das administracións implicadas, Xunta e Goberno central. Pola súa banda, o goberno da Xunta presidido por Alfonso Rueda ve unha manobra "electoralista" esta manifestación e sinala detrás a man da oposición. #EnDefensadoNosoMar #pellets #mareapellets
A manifestación convocada por colectivos ecoloxistas, sociais e grupos profesionais da pesca e o marisqueo iniciou o seu percorrido ás 12:00 deste medio día desde a Alameda de Santiago. Reunidas baixo os carballos e demais árbores centenarias e coa "compañía" das Marías, os e as asistentes foron chegando desde moi cedo ao lugar indicado.
Os colectivos sociais e profesionais buscan lembrarlle á Xunta e ao Goberno central que non é a primeira vez que o seu medio de vida, o litoral e o ecosistema mariño galego ven atacados por unha vertedura de residuos ao mar. Máis de dúas décadas despois do 'Prestige', grupos cidadáns mobilizáronse para facer sentir e valer, co engadido esta vez dunhas eleccións autonómicas moi preto, a menos dun mes.
A esta marcha tamén se uniron as diferentes figuras políticas da oposición de esquerda (#BNG, PSdeG, Sumar, Podemos, etc.). Cada un deu a coñecer a súa participación na protesta querendo desmarcar o político do social. Así, tanto Ana Pontón, portavoz e candidata do BNG á Xunta, como José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG ao goberno galego, anunciaban a súa presenza sen implicar as siglas dos seus partidos. O mesmo fixo Marta Lois, a candidata de Sumar e os dirixentes de Podemos.
Desde a Xunta de Galicia, e durante os días previos á convocatoria, o presidente Alfonso Rueda non desaproveitou ningún momento para sinalar que este acto está marcado "politicamente". Rueda sinalaba tanto a BNG, PSdeG como Sumar de ser os instigadores da manifestación coa que esperan "sacar rédito" político nas eleccións do 18F.
Nese sentido, o presidente en funcións da Xunta e candidato do PP, recibiu o apoio incondicional do seu partido que tampouco aforrou en achacar a intereses políticos a manifestación deste 21 de xaneiro.
Á cabeza da manifestación estará a pancarta de mariscadoras representando a distintas agrupacións, patróns maiores de confrarías, bateeiros, PDR, PLADEMAR Muros-Noia, Ecoloxistas e sindicatos.
Na Praza do Obradoiro presentará o acto a actriz Isabel Risco coa actuación de Zeltia Irevire.
A lectura do manifesto realizarana as voluntarias Sandra Lorenzo e Sandra González e sobre a crise do marisqueo será a presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Carril, María Porto Maneiro.
Lista de colectivos que apoian a manifestación é a seguinte:
- A Lama Vive
- A rente do chan – PLADEVER
- A.C. Lucerna de Cerceda
- ACOUGA
- ACUIMEGA
- ADEGA
- Afectadxs de Paderne
- A Galleira Asociación Cultural
- Agrupación de marisqueo á boia de Carril
- Agrupación de marisqueo a pé de Arcade
- Agrupación de marisqueo a pé de Cabo de Cruz
- Agrupación de marisqueo a pé de Cambados
- Agrupación de marisqueo a pé de Carril
- Agrupación de marisqueo a pé de Noia
- Agrupación de marisqueo a pé de Redondela
- Agrupación de marisqueo a pé de Rianxo
- Agrupación de marisqueo a pé de Vilanova de Arousa
- Agrupación de marisqueo a pé de Vilaxoán
- AIMEX
- Amigas dás Árbores de Ourense
- Amigas dá Terra
- APM Amevila
- A.P.M. A Pobra
- A.P.M. A Ría
- A.P.M. Promar
- APM San Amaro
- A.P.M. Viladomar
- A.P.M. Vilaxoán
- APM “Virxen do Carmen” de Abanqueiro
- ASMECRUZ Sociedade Cooperativa
- Asociación Amar Carril
- Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra (#APDR)
- Asociación Alarma Terra de Montes
- Asociación agroecolóxica Sachos á Rúa
- Asociación A-Legre
- Asociación Arousa en Transición
- Asociación ambiental e cultural Tralapena de Touro
- Asociación Boca de Sapo
- Asociación Cheiros Non de Touro
- Asociación cultural-ecolóxica Ridimoas
- Asociación cultural e deportiva Dorna dá Illa de Arousa
- Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras Gamela, de Cabo de Cruz
- Asociación cultural e medioambiental A Pedra que Fala
- Asociación cultural e medioambiental Tarabelada (Castro Caldelas)
- Asociación Cultural Mares dá Fin do Mundo/ Mostra Internacional de Cinema Documental
- Asociación cultural R. e I. Confraría dá Dorna de Ribeira
- Asociación de consumidoras de produtos artesanais/ecolóxicos dá Ulloa, Ou Zuleiro.
- Asociación Mar de fábula de Camelle
- Asociación de Mexilloeiros profesionais A Marxa
- Asociación de Mexilloeiros Illa de Arousa
- Asociación de Mexilloeiros San Sadurniño de Cambados
- Asociación de Mexilloeiros Xidoiros
- Asociación de Miticultores MITIGAL
- Asociación de Veciños San Xoán de Grixoa
- Asociación Galega en Defensa dá Sanidade Pública
- Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala
- Asociación Medioambiental Contramínate
- Asociación Mexiloeira do Barbanza
- Asociación Monte Pindo Parque Natural
- Asociación Nove Refachos
- Asociación Petón do Lobo
- Asociación Saúde e Terra
- ASPROMERI de Rianxo
- Associacom Cultural Artábria
- Ateneo Galeguista dá Terra Chá
- Burla Verde
- Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
- Centro Social A Revolta do Berbés
- Centro Social Fuscalho dá Garda
- Centro Social Mádia Leva de Lugo
- Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES)
- Comisión Contra as Minas dá Terra Chá
- Comisións Obreiras (CC.OO.)
- Comité de Defensa dás Rías Altas
- Comité Intercentros CRTVG
- Confederación Intersindical Galega (C.I.G.)
- Confraría de Pescadores da Coruña
- Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal
- Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz
- Confraría de Pescadores de Mugardos
- Confraría de Pescadores de Noia
- Confraría de Pescadores de Redondela
- Confraría de Pescadores de Rianxo
- Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa
- Coordinadora Galega de ONG para ou Desenvolvemento
- Defensa do Común dá Coruña
- Ecoloxistas Galego-Transmontano, Atlántica e Verde
- Ecoloxistas en Acción
- Federación Arousa e Norte (FARN)
- Federación Ecoloxista Galega (FEG)
- FISA Boa Vida
- Fundação Montescola
- Greenpeace Galicia
- Grupo A Quenlla
- Grupo de mariscadoras do Grove
- Grupo Naturalista Hábitat
- Grupo de Voluntarixs
- Movemento Ecoloxista dá Limia
- Movemento Galego pola Defensa dás Pensións e vos Servizos Públicos (MODEPEN)
- Movemento Veciñal Moveneda
- Movemento Veciñal Fousas ao Monte de Taragoña
- Mulleres Salgadas – Asociación Galega de Mulleres do Mar
- Noia Limpa
- OPMEGA
- OPEMEGAL
- PLADEMAR Muros-Noia
- Plataforma Augas Limpas de Aldán
- Plataforma Casalonga Limpa de Residuos
- Plataforma comarcal contra vos verteduras dá mina de San Fins
- Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago - Miramontes
- Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa (PDRA)
- Plataforma Galega para a Defensa Animal e dá Natureza
- Plataforma na Defensa dá Ría de Sada e Betanzos
- Plataforma pola Defensa dá Ría de Vigo (CÍES)
- Plataforma pola recuperación do Sar
- Plataforma Quixote Outes
- Plataforma Salvemos a Ruña
- Plataforma Sos Suído. Mina Alberta NON.
- Plataforma veciñal Mina de Touro O Pino NON
- Plataforma veciñal Si a un Rural Vivo
- Plataforma veciñal Terra Chá
- Plataforma Vendaval Costa da Morte
- Rede de colectivos “Veu polo Aire”
- Salvemos Ponche Nafonso
- Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas
- SOS Encrobas
- SOS Sanidade Pública
- STOP Eólicos Xurés Celanova
- STOP Eólicos Negueira de Muñiz
- Verdegaia
Escribe o teu comentario