Galicia prohibirá en 2024 a venda e consumo de bebidas enerxéticas aos menores de idade

Estas bebidas conteñen un alto contido en sustancias estimulantes que poden efectar á saúde dos mozos


|

EuropaPress 5410315 joven mira seccion bebidas energeticas supermercado
Arquivo - Un mozo mira a sección de bebidas enerxéticas nun supermercado / Foto: @EP

A Xunta de Galicia anunciou que prohibirá este próximo ano 2024 o consumo de bebidas enerxéticas por parte dos menores de idade, equiparando estes produtos ao alcol debido aos seus riscos para a saúde. Marcas de bebidas como Monster, Red Bull ou Burn conteñen un alto contido en sustancias estimulantes, o que levou á Consellería de Sanidade a querer regular o seu consumo.

 

QUE EFECTOS PRODUCEN As BEBIDAS ENERXÉTICAS?

A cafeína e a taurina entre outros estimulantes están altamente presentes nas bebidas enerxéticas. Estes ingredientes poden ter efectos negativos na saúde dos menores, especialmente no desenvolvemento do cerebro e o sistema nervioso. O consumo de bebidas enerxéticas pode causarlles problemas de concentración e aprendizaxe. A cafeína é un estimulante que pode alterar o estado de alerta e a atención. Nos nenos, isto pode dificultar a aprendizaxe e o rendemento escolar.

 

Por outra banda, as bebeidas enerxéticas poden causar problemas de saúde física. A cafeína pode aumentar a presión arterial e a frecuencia cardíaca. Isto pode tamén resultar perigoso para os menores que poidan padecer problemas cardíacos. Ademais, segundo indica revístaa Pediatrics, sustancias como a taurina causan problemas dixestivos e renais, debido a que esta afecto ao fluxo sanguineo dos riles.

 

As bebidas enerxéticas tamén poden chegar a ser moi adicitivas. A cafeína, por exemplo, é unha sustancia que provoca síntomas de abstinencia cando se suspende o seu consumo. Isto en nenos pode levar a problemas de comportamento ou desordes emocionais.

 

A PROPOSTA DA XUNTA DE GALICIA

A Consellería de Sanidade traballa actualmente no borrador dunha nova Lei de prevención de acciciones nos menores, co obxectivo de implantar a prohibición de consumo e venda destas bebidas. Trataríase dunha medida que aínda non implantou ningunha comunidade autónoma en España.

 

O Goberno galego xa avanzara esta propueta a comezos de ano, comezando a barallar fórmulas co obxectivo de poder limitar o acceso dos menores ás bebidas enerxéticas.

 

Finalmente, considerou vetarlles totalmente o acceso a este produto, equiparándoo así ás bebidas alcohólicas, cuxo consumo está prohibido desde 2010 a menores (antes permitíaselles o consumo de bebidas alcohólicas de baixa gradación, como é o caso da cervexa).

 

Dentro da nova lei recóllese tamén a prohibición de publicidade das bebidas enerxéticas orientada cara á poboación infantil ou menor de idade.

 

Por outra banda, a nova lexislación inclúe tamén un apartado dedicado á regulación dos cigarros electrónicos ou vapeadores, restrinxíndoos tamén totalmente a súa venda e consumo aos menores de idade.

 

AUMENTO DO CONSUMO

Segundo advertiu o Ministerio de Sanidade a través da enquisa ESTUDES, o consumo das bebidas enerxéticas ha aumentado. Concretamente, na comunidade autónoma galega, un 40,4% dos novos estudantes de Secundaria, entre os 14 e os 18 anos consomen habitualmente bebidas enerxéticas. Este dato é superior no caso dos mozos (49,6%) fronte ás mozas (31,2%).

 

O dato que arroxaba esta enquisa no ano 2018 era moito máis baixo que o actual, pois en eses ano era un 31% o número de mozos que consumira bebidas enerxéticas no último mes antes do estudo.

 

Ademais diso, un estudo publicado pola Universidade de Santiago de Compostela e dirixido polo profesor Antonio Rial Boubeta, do grupo de investigación de Psicoloxía do Consumidor e Usuario, indica que o 12,5% dos mozos entre 12 e 17 anos consomen estes produtos polo menos unha vez á semana.

 

O profesor Rial Boubeta fala ademais dos riscos de mesturar as bebidas alcohólicas coas enerxéticas, algo que, indica o estudo, foi probado polo 11,7% dos adolescentes. Cualifica así mesmo esta mestura como "bomba de reloxaría", que permite que os adolescentes beban "máis sen percibir os efectos da súa intoxicación".

 

Con todo, a media galega de consumo destes produtos en mozos é menor á media española, que no caso dos novos homes supera o 50% en consumo habitual e supera á media galega en todos os tramos de idade.

 

 

PROHIBICIÓNS NOUTROS PAÍSES

Galicia é por tanto a única comunidade autónoma que decidiu dar o paso cara á prohibición das bebidas enerxéticas entre os menores. No entanto, no resto de España a súa venda está totalmente permitida.

 

Non é así, con todo, en todos os países. Algúns estados membros da Unión Europea atópanse por diante de España nestas restricións e ten algunhas normas estritas para comercializar estas bebidas.

 

Letonia ou Lituania son algúns dos países que tamén o prohiben, ademais de que tampouco autorizan o seu patrocinio en eventos deportivos. O segundo deles, de feito, foi o primeiro país europeo en establecer esta prohibición.

 

Fóra de Europa tamén existen estas restricións: Australia e Nova Zelandia as prohiben tamén a menores de 18 anos, do mesmo xeito que Latvia ou Usbequistán. Colombia, pola súa banda, ten unha restrición menor, xa que tan só está prohibida a súa venda a menores de 14 anos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE