(VÍDEO) SOS Sanidade Pública presenta un documental sobre as causas da mortalidade evitable en Galicia
No acto intervirán diferentes persoas integrantes da plataforma e ao final da proxección da película terá lugar un coloquio
A plataforma SOS Sanidade Pública presentará o vindeiro mércores, 24 de maio, ás 19:00 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a estrea da película D.E.P. Destruír É ou Plan.
No acto, segundo informaron, intervirán diferentes persoas integrantes da plataforma e ao final da proxección da película terá lugar un coloquio que versará sobre o tema do documental: o motivo da mortalidade evitable non xustificada pola epidemilogía, que segue crecendo en Galicia .
A partir dese mesmo día, segundo anunciaron, o documental poderá verse tamén na web e tamén nunha versión máis breve de 10 minutos. Para poder asistir a ver o documental, será necesario apuntar no seguinte enlace: https://forms.gle/RPDssYLMjgSAkFXb9
Escribe o teu comentario