As limpadoras paran no Hospital Abente e Lago da Coruña por falta de persoal
Este centro é semi público porque está rexido por unha fundación na que participan o Concello de Coruña e a Xunta. Está especializado en terapias contra o cancro e de feito dispón de aparellos de última xeración doados por Amancio Ortega.
As traballadoras alegan que falta tanto persoal que nin sequera hai operarios suficientes para cubrir os servizos mínimos impostos pola Xunta.
Os servizos mínimos fixados pola Xunta sitúanse entre o 50 e o 100% en función das áreas
O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicou este luns a orde que fixa uns servizos mínimos de 100% na área de urxencias durante a folga que afectará o persoal da empresa que presta servizos de limpeza no Hospital Abente e Lago da Coruña, que se desenvolverá con carácter indefinido a partir deste martes, día 11.
O mesmo porcentaxe determina no laboratorio de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación postquirúrgica e cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematología, hospital de día e diálese.
Establece tamén uns servizos mínimos do 70% en radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización e un 50% nas áreas restantes.
No ámbito da Consellería de Sanidade, os servizos mínimos que se establecen responden a que "o desempeño da asistencia sanitaria pública non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga".
"Dado que a folga afectará o servizo de limpeza do centro, resulta obvio que a suspensión de devandita actividade pode implicar niveis de contaminación que porían en risco a saúde tanto das persoas enfermas e usuarias como dos profesionais deste tipo de institucións", recolle a resolución do departamento autonómico no DOG.
Escribe o teu comentario