SOS Sanidade Pública convoca protestas en defensa da Atención Primaria o 12 e o 26 de abril
Os activistas denuncian que a política sanitaria da Xunta de Galicia pode acabar por "desmantelar a Atención Primaria", que a pesar dos recortes destes anos segue sendo "un das mellores do mundo".
A Plataforma SOS Saúde Pública de Galicia, convocante da última gran marcha en Santiago de Compostela, chama a sanitarios e pacientes a concentrar fronte aos Centros de Saúde do SERGAS o 12 de abril. Esa xornada celébrase o Día Mundial da Atención Primaria. O colectivo, ademais, planea manifestacións en diversas localidades para o 26 de abril.
Son accións en defensa da Atención Primaria. A Plataforma recoñece que a que presta o SERGAS é unha de "as mellores do mundo" pero que está en perigo ante a "privatización do sistema público de saúde". "Ningún sistema, por sólido que sexa, pode sobrevivir á falta de financiamento, a falta de persoal e a mala organización e xestión", conclúe.
Na súa opinión, as medidas adoptadas polo SERGAS para paliar os evidentes problemas nos ambulatorios están a resultar insuficientes. O colectivo aposta por medidas como "recuperar e aumentar o persoal," e "incorporar novas categorías profesionais aos equipos".
Escribe o teu comentario