Sen acordo entre CESM e Sanidade a folga indefinida do 11 de abril no SERGAS se mantriene en pé

A terceira reunión, celebrada este mércores, concluíu sen acordo e o sindicato mantén a chamada ás mobilizacións a partir do 11 de abril. 


|

Concentración convocada por CESM delante de la sede del Sergas en Santiago.
Concentración convocada por CESM diante da sede do Sergas en Santiago.

 

Na tarde do mércores déronse cita representantes da Consellería de Sanidade e da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), convocante da folga anunciada no SERGAS para o próximo 11 de abril. Tratábase do último intento para desbloquear este conflito que, con todo, segue totalmente vixente e sen variación, cos paros do próximo martes aínda en pé. 

 

Fontes do sindicato confirman a Galiciapress que as conversacións de onte non frutificaron e que as posturas seguen lonxe do acordo. Non se esperan novos encontros durante a Semana Santa e todo fai indicar que non se producirán novos intentos para desconvocar as mobilizacións. O luns CESM emitirá un comunicado xusto na previa do inicio da folga indefinida que afecta a toda a Atención Primaria, á Atención Hospitalaria ao Centro Coordinador FPUS-061 e ás Bases Medicalizadas das USVA.

 

 

A de onte foi a terceira reunión sen acordo entre as partes. CESM, sen representación na Mesa Sectorial, anunciou o pasado mes a convocatoria da folga deste día 11, que foi ben acollida por unha banda do persoal sanitario pero non por outros sindicatos, que até agora non se sumaron ás mobilizacións. 

 

 

Con todo, as demandas de CESM non son exclusivas deste organismo sindical, senón que responden en moitos casos a reclamacións históricas do colectivo. Así, atopamos entre as súas liñas mestras a implantación "inmediata" da xornada de 35 horas semanais, o incremento do prezo da hora de garda presencial e localizada, a diferenciación entre gardas en días laborables e fins de semana ou festivos ou a aplicación da subida no prezo da garda tamén para os MIR.

 

COMPLEMENTO ESPECÍFICO E FUGA DE TALENTO

Por outra banda, piden que os días 24 e 31 de decembro sexan declarados "non laborais para o persoal sanitario" e pon como elemento crave das negociacións o Complemento Específico, que lembran "non debe confundir coa incompatibilidade". 

 

"Galicia dedícao integramente á exclusividade; non queremos que se modifique a Lei de Incompatibilidades, que non entendo como son capaces de flexibilizala, algo que en todo caso debería facer en Madrid, pero aquí ninguén vai poder cobrar o complemento específico cando nada ten que ver coa exclusividade", reprendía para este diario Enrique Marra-López, secretario xeral de CESM Galicia que avoga por mellorar as condicións laborais dos sanitarios e evitar a fuga de talento. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE