Rueda busca novas oportunidades de colaboración entre Galicia e China co presidente de CITIC Group

O presidente da Xunta sinalou que traballa para "converter a Galicia" nun polo de atracción industrial e que "é prioritario espertar o interese e confianza" dos grandes grupos empresariais.
 


|

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, se reúne con el  presidente y miembros de la directiva del CITIC Group.
 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse este domingo en Vigo co presidente de CITIC Group, Xi Guohua, co obxectivo de avaliar posibles vías de colaboración estratéxica entre Galicia e China.

No encontro, no que tamén participou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarcaron as oportunidades que se abren para as relacións económicas entre a comunidade e o país asiático en sectores crave como os servizos financeiros, a industria de alta tecnoloxía, o desenvolvemento de novos materiais e as solucións de urbanismo sostible.

Rueda sinalou que a Xunta traballa para "converter a Galicia" nun polo de atracción industrial e que "é prioritario espertar o interese e confianza" dos grandes grupos empresariais.

Así mesmo, destacou a estabilidade de Galicia e lembrou que ofrece aos posibles investidores "seguridade xurídica" e as "máximas facilidades administrativas desde o estrito cumprimento á normativa ambiental".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE