O Montecelo terá unha unidade de radioterapia que evitará desprazamentos a Vigo para recibir este tratamento

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, visitou este sábado as obras do búnker de radioterapia


|

Obras montecelo
Arquivo - Obras do Hospital Montecelo / Foto: @EP

O Hospital Montecelo de Pontevedra contará cun novo servizo de radioloxía. Isto evitará que os pacientes oncolóxicos teñan que desplazrse a Vigo desde a área sanitaria de Pontevedra para recibir este tratamento.

 

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, visitou este sábado as obras do búnker de radioterapia, que ocupa un espazo de 430 metros, segundo explicou a Xunta nun comunicado.

 

Coa seguridade como "eixo fundamental", contará con dous aceleradores lineais que supuxeron un investimento de máis de 4 millóns de euros.

 

A construción desta instalación emprega formigón mesturado con barita, un tipo de formigón de características especiais, que lle confiren un 30% máis de densidade ao material de construción. O seu interior distribúese en forma de labirinto, co obejtivo de "garantir que a zona de exposición aos tratamentos radiolóxicos estea sempre separada e illada da zona de control médico".


Comesaña destacou que a dotación deste novo servizo se encuaddra nos plans da Xunta de Galicia para renovar a tecnoloxía dos hospitais, o que supuxo o ano pasado un investimento de 76 millóns de euros para adquirir novos equipos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE