As confrarías recorrerán a apertura da extracción de fazula en zonas de percebe

O sábado 15 de abril manifestaranse en Santiago de Compostela para reivindicar as súas demandas


|

Archivo - Un percebeiro de la Cofradía de Pescadores de Ribadeo recoge percebes entre las rocas, a 26 de diciembre de 2022, en la parroquia de Rinlo, Ribadeo, Lugo, Galicia.
A Federación Galega de Cofrarías decidiu presentar recurso xurídico contra as resolucións emitidas pola Consellería do Mar que decretaron a apertura de extracción de fazula en zonas exclusivas de percebe.

 

Así o acordaron nunha reunión este sábado, na cal han decido tamén convocar unha manifestación o vindeiro sábado, 15 de abril, en Santiago de Compostela para reivindicar as súas demandas.

 

O presidente da Federación, José Antonio Pérez Sieira, defendeu que o servizo xurídico vai tentar " revogar estas zonas" para que "as deixen tal e como estaban antes" para a extracción de fazula. "Imos actuar desas dúas maneiras (recurso e manifestación) e tentar convencer á xente de que estamos aí. Non todo é como din os 'bateeiros'" indicou.

 

A Federación defendeu o mapa proposto a través da orde do 22 de decembro de 2021 pola cal se aproban os plans de xestión para recursos específicos para o trienio 2022-2024, sen que se produzan así ampliacións nas zonas de extracción de fazula en detrimento de as de produción de percebe. As confrarías lembraron así mesmo que soamente o 16% das zonas de explotación están reservadas para o percebe. 

 

Pérez Sieira confirmou que continúan en contacto coa Consellería do Mar. Neste sentido, lembrou que xa lle comentaron que o lles parecía adecuado "abrir esas zonas, cando xa estaban reservadas para a extracción do percebe".
 

'PERCEBEIROS' DE PONTEVEDRA

As confrarías de percebe da provincia de Pontevedra reuníronse este venres en Arcade e expuxeron diferentes aspectos relacionados cos efectos do cultivo de mexillón en batea nas rías galegas.

 

Entre as reflexións que destacaron nunha nota de prensa, os 'peercebeiros' cuestionan "cal é o grao de cumprimento dos 'bateeiros' no relativo á xestión de desperdicios procedentes das actividades de traballo do mexillón nas bateas" cando, engaden, "a súa obrigación é transportalos e depositalos en lugares habilitados en terra".

Ademais, entre outros asuntos, cuestionan o "cultivo intenso de mexillón" nas rías galegas. "O sector 'bateeiro' alardea do forte incremento de produción de mexillón nos últimos anos, chegando ás 250.000 toneladas e superando vendas de produto en máis de 150 millóns de euros. Á conta de que e de quen?", expuxeron os 'percebeiros' pontevedreses.

Ante isto, consideran que "se cada un destes individuos filtran entre 180-192 litros de auga ao día, auga que quedaría inocua de nutrientes, non será que a baixada de produción de bivalvos e a diminución doutras especies poida ser consecuencia, entre outros factores, do cultivo intenso de mexillón nas máis de 3.300 bateas existentes en Galicia ?".

"Isto demostra que se está prexudicando gravemente a sustentabilidade e o futuro produtivo das nosas rías e favorecer a ruína duns e a riqueza doutros", criticaron.

Por iso, cuestionáronse "onde están a #ONG medioambientalistas", os científicos "valentes" e tamén "os políticos responsables e comprometidos en garantir a sustentabilidade dos recursos e os ecosistemas mariños por encima de réditos electorais".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE