Proposta de acordo do Goberno de España para pór fin á folga de letrados xudiciais

Este luns 27 de marzo celebraranse asembleas por toda España onde se debaterá a proposta feita pola Administración


|

Lajs
Foto: EP

 

Tras máis de dous meses de folga, decenas de miles de xuízos suspendidos e tres xornadas maratonianas de reunións, todo fai indicar que o acordo para pór fin á folga indefinida dos Letrados da Administración de Xustiza está cada vez máis cerca. Na xornada deste venres as partes avanzaron na negociación e o comité de folga anuncia a convocatoria de asembleas en toda España para o vindeiro luns 27 de marzo para debater os seguintes pasos a seguir.

 

"Despois dunha semana en que se retomaron as negociacións e, tras un intenso debate, a Administración puxo sobre a mesa unha proposta de acordo que o Comité de Folga comprométese a pasar ás asembleas de Letrados da Administración de Xustiza, quedando emprazadas as partes para o vindeiro martes 28 ás 11 horas", sinala o comité de folga nun comunicado difundido pasadas as 16 horas e na que anima aos profesionais do sector a participar nas asembleas.

 

Esta semana, na que a folga e as protestas continuaron sendo unha constante no sector -así como a paralisis de miles de procesos en todo o Estado-, o comité de folga, o Ministerio de Xustiza e o Ministerio de Facenda se sentarona  negociar. O acordo parece agora máis preto que nunca, xusto cando se abre outra fronte na Xustiza, coa posibilidade dunha dimisión en bloque da á progresista del Consello Xeral do Poder Xudicial

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE