600 casos activos de Covid en Galicia, cun de cada cinco enfermos ingresados

As cifras do último informe do SERGAS non deixan lugar á dúbida da boa situación na que se atopa Galicia ante a Covid. Os contagios hoxe non son un problema e no apartado da presión hospitalaria é, non anecdótico, pero si cada vez menos relevante.

 


|

As cifras do último informe do SERGAS non deixan lugar á dúbida da boa situación na que se atopa Galicia ante a Covid. Os contagios hoxe non son un problema e no apartado da presión hospitalaria é, non anecdótico, pero si cada vez menos relevante.

 

Se atendemos só aos ingresados, vemos que hai tan só tres pacientes de Covid na UCI galegas. Ao tempo, hai 113 hospitalizados. Se abrimos o foco, vemos que hai 600 casos activos. Isto significa que o 19,3% dos enfermos está hoxe hospitalizado. 

 

Por outra banda, hai que lamentar dous novos decesos. Son 4.062 as vítimas mortais que deixa a pandemia en Galicia desde o estalido da crise sanitaria, sempre seguindo ás contas oficiais da Xunta de Galicia. 


 


Os casos activos de coronavirus volveron a caer en Galicia este luns e sitúanse en 600, 41 menos que os do último parte, mentres que os hospitalizados experimentaron un repunte, até 116 (+14). Nas últimas 24 horas detectáronse 23 positivos.

Así o recolle o último boletín publicado pola Consellería de Sanidade e que inclúe os datos da pandemia en Galicia recollidos até as 18,00 horas do domingo. O anterior boletín facía referencia á tarde do venres, xa que non se actualiza os fins de semana.

Ademais, Sanidade informou de dous novos falecidos con coronavirus na comunidade: trátase dun home de 99 anos da área sanitaria de Ourense e dunha muller de 91 da área de Santiago. O número total de mortes sitúase nas 4.062.
 


A maioría das áreas sanitarias galegas experimentaron unha caída no número de casos activos con respecto ao venres, excepto dous: Ferrol e Santiago, na que os enfermos soben en 1.

De feito, Santiago sitúase como a área con máis casos activos, 120, tras a importante caída da Coruña, onde agora hai 113. Así mesmo, en Lugo hai 86 casos activos, 78 en Vigo, 74 en Ourense, 58 en Pontevedra e 51 en Ferrol.

En canto aos hospitalizados, mantéñense en Ourense, con 13, e baixan en Pontevedra, até os 15. O resto de áreas experimentan repuntes: 35 pacientes ingresados na Coruña, 17 en Lugo, 17 en Vigo, 12 en Santiago e 7 en Ferrol.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE