Consulta a listaxe de buses gratuítos, pero con prazas limitadas, para a manifestación en defensa da sanidade pública

Os organizadores da protesta avanzan que hai programados buses que virán desde comarcas como O Barbanza, Costa da Morte e distintos puntos de Pontevedra.

 


|

Os organizadores da protesta avanzan que hai programados buses que virán desde comarcas como O Barbanza, Costa da Morte e distintos puntos de Pontevedra.

 

Por outra banda, a do 12 de febreró non será a única protesta da próxima semana en Galicia, xa que en Monforte de Lemos e Verín xa programadas outras manifestacións pola defensa e mellora da sanidade pública.

Manifestación celebrada en Vigo en defensa de la sanidad pública, convocada por la Plataforma SOS Sanidade Pública, el 12 de mayo de 2022..
Manifestación celebrada en Vigo convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, o 12 de maio de 2022

 

O próximo 12 de febreiro Santiago de Compostela vai vivir unha xornada histórica. Ou, polo menos, así o esperan as organizacións que promoven a gran manifestación que hai programada na capital galega en defensa e mellora da sanidade pública. As plataformas '#SOS Sanidade Pública' e 'Pediatras e matronas, Xa!' animan á poboación a sumar á protesta, para a que facilitan os medios de transporte desde distintos puntos de Galicia para poder acudir a Santiago o vindeiro domingo. 

 

Desta forma, e tomando como exemplo a Costa da Morte, vemos que hai buses desde Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía, Dumbría, Camariñas e Vimianzo. Algúns partirán desde a estación de autobuses da localidade, como é nos casos de Fisterra e Cee, pero outros arrincarán desde o consistorio de quenda e algúns, como Dumbría e Camariñas, disporán de varias paradas.

 

WhatsApp Image 2023 02 03 at 18.50.25

 

As prazas nos autocares son limitadas e desde as plataformas recomendan reservar canto antes os asentos para evitar que haxa xente que se poida quedar en terra. O mesmo ocorre na comarda do Barbanza, onde haberá buses que partirán desde Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo

 

Desde Marín e A Guarda tamén hai programados buses dirección Santiago o próximo 12 de febreiro, mentres que outros municipios, As Neves, Mondariz, Ponteareas ou Salvaterra do Miño contarán con transporte, pero cun prezo de 5 euros, salvo para estudantes e desempregados.

 

 

OUTRAS MANIFESTACIÓNS

A maiores, e máis aló da manifestación principal, para os próximos días hai programadas outras concentracións en distintos puntos de Galicia. A primeira delas será en Monforte de Lemos, leste mesmo luns 6 de febreiro, en defensa da sanidade pública e contra a súa deteiroro. A protesta terá lugar na Praza de España do municipio monfortino, ás 20 horas.

 

WhatsApp Image 2023 02 03 at 19.01.57

 

Por outra banda, xa en Verín , se celerará o 11 de febreiro unha protesta pola falta de profesionais pediátricos na zona. "Ante o silencio administrativo, non nos deixan outra", reza a chamada á manifestación, que terá lugar ás 17 horas ante o centro de saúde da localidade ourensá. 

 

WhatsApp Image 2023 02 03 at 19.01.39

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE