Escotet (Abanca) xa triplicou o que pagou polas caixas a pesar de que 2022 non foi o seu mellor ano
O banqueiro presentou os resultados da súa marca galega hoxe, anunciando un recurso contra o novo imposto á banca e un recorte nos dividendos para os accionistas tras un ano non especialmente brillante.
ABANCA non conseguira uns resultados tan modestos nunca, salvo o ano da pandemia. Aínda así, a entidade herdeira das caixas segue reportando pingües beneficios a Juan Carlos Escotet, pois os beneficos netos xa triplican o que o venezolano pagou pola privatización do rescatado Novagalicia Banco.
Estas son algunhas das principais conclusións que se poden sacar da análise das contas de ABANCA, presentadas hoxe. A marca galega ha logrado un beneficio antes de impostos de 306 millóns que deixa un resultado neto de 217 millóns, segundo os números facilitados á prensa hoxe.
Iso supón un considerable descenso en 2022 respecto das cifras do ano anterior e tamén sobre as previas á pandemia, como se pode apreciar no seguinte gráfico:
Con todo, hai que ter en conta que Abanca lanzouse nos últimos anos a unha excepcional política de compras. Escotet adquiriu media ducia de entidades bancarias máis pequenas, a última, pechada en decembro de 2022, Targobank. Isto, loxicamente, pode limitar a curto prazo os seus beneficios anuais, aínda que potencialmente disparará os resultados a medio prazo.
En todo caso, o balance global da aposta de Escotet por facer cos activos das caixas de aforros galegas segue engordando. Dende 2014, Abanca suma un beneficio neto de 3.167 millóns cando Banesco pagou ao FROB por Novacaixagalicia Banco só 1.008.
Por tanto, o beneficio neto aproximado que presenta a operación é duns 2.100 millóns, que se pode apreciar no seguinte gráfico:
Hai que ter en conta, ademais, que Escotet comprou unha entidade que acaba de recibir unha enorme inxección de diñeiro público. O custo do rescate das caixas segundo o Tribunal de Contas (sumando as axudas do FROB máis do Banco de España) superou os 12.000 millóns.
50 DE 89 MILLÓNS EN IMPOSTOS POLO NOVO TRIBUTO
Segundo despréndese das contas, Abanca pagou o ano pasado uns 89 millóns de impostos. O banqueiro Escotet non parece estar moi contento con esta cifra, pois acaba de anunciar que Abanca presentará un recurso contra o novo imposto á banca decretado por Moncloa. A entidade asegura que lle custará uns 50 millóns.
"A entidade pechou o ano desde unha posición de gran solidez financeira que a afianza como unha das máis saneadas do sistema financeiro español", indica Abanca. O seu intre de capital supera o 16%, o que supón unha marxe de case 1.500 millóns sobre o capital que lle reclama ter a UE para garantir a súa solidez se bienen mal dadas.
É esta boa saúde económica de Abanca o que permitiu a Escotet lanzar á súa agresiva política de compras nun momento no que negocio bancario non pasaba polo seu mellor momento.
MENOS DIVIDENDO
O banqueiro, visto os modestos resultados deste ano, decidiu reducir o dividendo aos accionistas de Abanca. En concreto, baixará do 40% ao 25% en 2023. Como a inmensa maioría das accións son súas, esta decisión lastrará as súas opcións de seguir escalando no ranking Forbes, onde ascendeu fulgurantemente a quinto home máis rico de España.
Despois de enumerar as oito adquisicións da compañía desde 2015, a máis recente das cales foi Targobank, o suramericano cualificó tachou de "boa" comercial e custo da xestión do crédito.
Abanca di contar cun volume de negocio que supera os 111.000 millóns, incluíndo a máis recente adquisición de Targobank. Ademais, en 2022 asegura captou grazas á súa política de expansio´n unhas 110.000 altas de novos clientes fóra de Galicia.

Escribe o teu comentario