Últimos días para a recollida de firmas para a defensa e mellora da Atención Primaria en Galicia
A Plataforma '#SOS Sanidade Pública Galega' elaborou un mapa interactivo para coñecer os puntos fixos para a recollida de firmas en defensa da Atenciómn Primaria en Galicia
O colectivo '#SOS Sanidade Pública Galega' publicou un mapa interactivo con onde se poden localizar os puntos fixos para a recollida de firmas para a súa Iniciativa Lexislativa Popular, en defensa e mellora da Atención Primaria para profesionais e usuarios.
O mapa inclúe catro puntos fixos onde se pode asinar esta ILP: un en Cee , outro en Dumbría e dous en Vimianzo .

Desde o colectivo en defensa da sanidade pública aseguran que a firma desta iniciativa "é moi valiosa e importante" e piden a difusión do mapa para que "non se quere sen asinar ninguén que poida facelo". Tamén afirman a urxencia de recoller as últimas firmas, pois o prazo acaba o xoves, momento en que xuntarán as firmas para presentalas ante o Parlamento Galego.
COLAS DE PERSOAS PARA ASINAR
Durante estes meses, a iniciativa lexislativa ha tido unha gran acollida, pois durante os meses que estivo en marcha, en ocasións formáronse "colas de persoas que esperaban até 10 minutos para asinar", grazas ás mesas para asinar colocadas en rúas, eventos e festas patronais.
O portavoz da plataforma, Manuel Martín, interveu este pasado venres en rolda de prensa en Santiago, acompañado de representantes doutras organizacións integradas en SOS Sanidade Pública. Na súa intervención, Martín cargou contra a xestión sanitaria da Xunta de Galicia, que provoca que o acceso á Atención Primaria estea "restrinxido, fundamentalmente porque non hai persoal" mentres a Administración "segue sen pór en marcha ningunha medida para solucionalo", denunciou o portavoz.
Escribe o teu comentario