22 pacientes graves nos corredores de Urxencias e de Observación do CHUS nun novo colapso sanitario

Fontes do Servizo de Urxencias do hospital santiagués comunican a Galiciapress un novo episodio de colapso no CHUS, unha circunstancia que se converteu en cíclica.

 


|

Os problemas de hoxe chegan cun Servizo de Urxencias do Hospital de Santiago que vive un ambiente enrarecido tras o simulacro de dimisión de varios cargos que recibiron o apoio do #SERGAS tras #queixar da suposta indisciplina dos médicos de urxencias

 

Nesta ocasión, ademais dos 22 pacientes graves esperando no corredor, recalcan que tamén había 33 pacientes esperando a ser atendidos na sala de Observación. 

 

Pasillos chus colapso
Un episodio de colapso no CHUS o pasado 4 de xullo | Foto: @PacientesC

 

Os colapsos nas Urxencias Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela convertéronse nunha estampa frecuente no hospital compostelán, pero o vivido esta xornada é algo que algúns galenos din non se daba desde facía unha década. Segundo relatan fontes do Sindicato Ou’Mega dentro do Servizo de Urxencias do CHUS, ás 19 horas deste luns había “22 pacientes graves no corredor da entrada e algún deles no corredor de observación”.

 

Que os sanitarios se visen forzados a levar aos pacientes até observación é unha circunstancia “que non pasaba desde facía dez anos”, sosteñen estas fontes. “Facía anos que non viviamos esta situación de deterioración extrema”, recalcan. Paralelamente, había 33 persoas pendentes de ingreso na sala de Observación de Urxencias. 

 

Esta circunstancia non é olo un novo exemplo de deterioración da sanidade pública  senón que“en contra da normativa laboral”. “É un novo exercicio de irresponsabilidade por parte deste equipo directivo”, denuncian. Hai que lembrar que a Lei establece que os corredores deben estar sempre libres para unha rápida evacuación nunha emerxencia.

 

En relación ás recentes polémicas entre compañeiros, as citadas fontes reprochan que “se nos pode insultar en escritos sobre a nosa falta de responsabilidade, pódesenos someter a esta tensión laboral crónico e até se nos pode iniciar expedientes disciplinarios por sacar á xente dese corredor…”.

 

MÁIS PRESIÓN HOSPITALARIA

Todo isto ocorre nun momento no que a crise sanitaria provocada pola Covid-19 deixa 163 hospitalizados en planta por coronavirus e unha decena na #UCI. No CHUS son trece os ingresados por Covid, ademais de dous na área de críticos.

 

Ao tempo, hai que ter en conta o cada vez máis difícil escenario no que nos atopamos, cunhas previsións sobre o pico da gripe que o adianta a finais deste mes de novembro e co #SERGAS adiantando tamén os plans de continxencia pola gripe para tratar de inmunizar á poboación máis vulnerable ante unha onda que chega forte e temperá. Con estes vaticinios sobre a gripe e polo visto hoxe, as próximas semanas poden ser moi complicadas nas urxencias dos hospitais galegos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE