'Pedriatras e Matronas Xa' súmase á recollida de firmas de 'SOS Sanidade Pública' para mellorar a Atención Primaria
A plataforma inicia este domingo 25 de setembro a rolda de recollida de firmas que levará á organización por disntintos municipios da Costa da Morte.
A plataforma inicia este domingo 25 de setembro a rolda de recollida de firmas que levará á organización por disntintos municipios da Costa da Morte.
O obxectivo é buscar apoios entre a cidadanía para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular proposta por 'SOS Sanidade Pública' para tratar de mellorar o servizo da Atención Primaria.
![WhatsApp Image 2022 09 23 at 08.56.09](/multimedia/images/5524718.jpg)
A situación de a Atención Primaria en Galicia preocupa tanto aos profesionais que a compoñen como aos usuarios, que sofren as demoras, provocadas en gran medida pola falta de profesionais nos centros de saúde. É por isto que desde a plataforma 'SOS Sanidade Pública', coa axuda da organización 'Pediatras e Matronas Xa', promoven unha recollida de firmas para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular coa que pretenden fortalecer a Atención Primaria na comunidade coa posta en marcha dunha serie de medidas "urxentes" para mellorar o servizo.
RECOLLIDAS NA COSTA DA MORTE
Membros de 'Pediatras e Matronas Xa' estarán este domingo 25 de setembro no mercado de Cee a partir das 1ou horas e ata as 13 horas, repetindo o sistema que outras asociacións, sindicatos e organizacións desenvolveron noutros puntos da xeografía galega buscando o maior número de apoios cidadáns posible.
Como no caso deste colectivo, outras organizacións iniciarán en breve a recollida de firmas noutros municipios galegos, pero polo momento, a acollida da proposta "está a ser un éxito e nalgúns lugares xa se esgotaron os pregos", celebran desde 'Pediatras e Matronas Xa'. "Iso si, que non se preocupe ninguén que xa hai previsión de imprimir máis, todo o que queira colaborar vai poder facelo", apostilan
A propia organización recoñece que, ata a data, non puideron poñerse ao choio, condicionados en gran medida por un verán que non facilitaba a conciliación dalgúns membros. "Somos nais e cos pequenos nas vacacións xa se sabe que resulta un pouco complicado", admiten, nun momento no que moitos nenos e nenas aínda se están adaptando á volta ao cole. Con todo, manteñen a promesa de "chegar aos concellos da Costa da Morte e a outros fose da contorna".
Do mesmo xeito, informan de que a través das súas contas de redes sociais publicarán toda a información das próximas citas, con Fisterra o martes 27 de setembro e Muxía o venres 30 de setembro como seguintes paradas, á vez que convidan a outros organismos para colaborar na recollida de firmas co fin de "sacar da lamentable situación precaria na que se atopa a nosa sanidade en Atención Primaria".
Escribe o teu comentario