O Movemento Nova Escola Galega denuncia que a Xunta "obrigase ao profesorado" para acudir a un acto "propagandístico"

Relataron nun comunicado que a Consellería decidiu programar actos de benvida os días 1 e 2 de setembro, que tachan de "montaxe propagandística partidista"


|

Arquivo - Profesor escribindo na lousa.
Arquivo - Profesor escribindo na lousa.

O Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega rexeitou e denunciou o que consideran "un intento de manipulación do profesorado en prácticas" por parte da Consellería de Educación, que, segundo informan, "obrigou" a asistir a un acto "carente de significado académico", que tacharon de "propagandístico".

 

Segundo relatou o colectivo nun comunicado, tras as oposicións ás que se somete o profesorado, segue un período de prácticas dun ano. A Consellería, explican, decidiu programar actos de benvida os días 1 e 2 de setembro para profesorado de Primaria e Secundaria.

"Contra isto Nova Escola Galega, non ten nada que dicir, pois poderían formar parte dun protocolo de boas prácticas de acollida ao profesorado que se incorpora ao sistema. Agora ben, cando este, en aparencia ben intencionado acto convértese, como parece evidenciarse, nunha montaxe propagandística partidista, parece claro que non pode ser asumible que se tente manipular todo un colectivo para sacar réditos políticos", aclaran desde o movemento.

 

Denunciaron os feitos porque tras o acto do día 1, "ao que acudiu un número ínfimo de opositores", a Consellería entrou en contacto co profesorado para "comunicarlles a obrigatoriedade de asistencia ao acto do día 2". "Ningunha disposición normativa regula tal acto, que só cabe interpretar en clave política", insistiron.

O movemento tachou a esta forma de proceder da Xunta de "intolerable, caciquil e mezquina", ademais de considerala "reprobable de si", xa que eses días os centros educativos reunían aos seus claustros para a programación do curso. "A Consellería, no canto de facer o posible para que os seus traballadores cumpran co seu traballo nun momento tan delicado, obrígaos a trasladarse desde calquera punto de Galicia ao acto", lamentaron.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE