O Hospital Gran Montecelo de Pontevedra terá un 60% máis de camas UCI tras a súa reforma

O Hospital Gran Montecelo de Pontevedra, segundo sinalou José Flores Arias, contará con espazos máis acolledores en áreas sensibles.


|

Visita ás obras do Gran Montecelo de Pontevedra.
Visita ás obras do Hospital Gran Montecelo de Pontevedra.

O xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, visitou este venres as obras de execución do hospital público Gran Montecelo. Este centro, segundo sinalou o xerente, contará con espazos máis acolledores en áreas sensibles, como a de diálise, o hospital de día de oncoloxía, os coidados paliativos ou a zona materno-infantil.

A Xunta informou que estas obras permitirán un aumento do 92% nas salas e postos de urxencias, un 60% máis de camas na unidade de coidados intensivos (UCI) e un 49% máis de postos no hospital de día. Isto irá da man de melloras na comodidade, na intimidade e nos espazos de esparexemento para pacientes e familiares.

Os responsables da execución da obra, a UTE Gran Montecelo —conformada polas empresas Ogmios, Pontes e Copasa— expuxeron ao xerente da área Sanitaria as liñas arquitectónicas e os espazos do novo centro hospitalario pontevedrés. Con esta reforma, contémplase que case o 60% das habitacións do hospital sexan individuais.

A execución das obras do hospital público Gran Montecelo que está a levar a cabo a Xunta, cun investimento autonómico de 134 millóns de euros para a súa primeira fase, consisten na construción dun novo edificio hospitalario cunha superficie de 92.000 metros cadrados distribuídos en 10 plantas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE