A Covid-19 esborrállase en Galicia, con índices que non se vían desde que se inmunizou aos mozos

As cifras que deixa a pandemia este luns son moi prometedoras. Nas últimas 24 horas tan só notificáronse 88 novos positivos. Eses 88 contagios, xunto cos 54 notificados onte, son a cifra máis baixa desde o 8 de novembro de 2021. Hai que remontarse 9 meses no tempo para ver uns datos tan bos. Moi lonxe quedan os case 1.800 casos diarios que notificaba o SERGAS a finais de xuño. Aínda máis lonxe os case 9.000 que se chegaron a computar no pico da transmisión durante a última onda de Nadal. Os contagios están polos chans e queda ver se a tendencia segue sendo descendente ou se comeza a dar indicios de rebote. 


|

As cifras que deixa a pandemia este luns son moi prometedoras. Nas últimas 24 horas tan só notificáronse 88 novos positivos. Eses 88 contagios, xunto cos 54 notificados onte, son a cifra máis baixa desde o 8 de novembro de 2021. Hai que remontarse 9 meses no tempo para ver uns datos tan bos.

 

Moi lonxe quedan os case 1.800 casos diarios que notificaba o SERGAS a finais de xuño. Aínda máis lonxe os case 9.000 que se chegaron a computar no pico da transmisión durante a última onda de Nadal. Os contagios están polos chans e queda ver se a tendencia segue sendo descendente ou se comeza a dar indicios de rebote. 

 

Por sorte, nestes momentos nada parece augurar que o coronavirus poida volver gañar terreo de maneira inmediata. Os casos activos seguen en descenso, con 2.481 casos nestes momentos, 622 menos desde o sábado, momento da última actualización do SERGAS. Iso si: os hospitalizados non sufriron case cambios, con só unha cama ocupada menos. 

 

 

A incidencia acumulada semanal baixa ata os 46 positivos por 100.000 habitantes, 24 menos desde a última actualización. Seguimos baixando neste apartado, coa mellor cifra desde o 17 de novembro de 2021. A incidencia acumulada a 14 días tamén aguanta á baixa porque é un índice menos proclive aos cambios de rumbo. Cando esta incidencia empece a crecer, será cando esteamos seguros de que a melloría se ha terminado. Hoxe está en 132 casos por cada 100.000 habitantes. 

 

O esborralle percíbese sensiblemente na razón de taxas, xa que pasa do 0,98 do sábado ao 0,70 de hoxe. Isto débese a que a semana pasada o ritmo retardouse notablemente, pero a melloría pronunciada destes últimos dous días acelerou, o que se reflicte en que na última semana houbo un 30% de positivos menos que na penúltima. 

 

!function(){"use strict";window.addEventListener("message",(function(e){if(void 0!==e.data["datawrapper-height"]){var t=document.querySelectorAll("iframe");for(var a in e.data["datawrapper-height"])for(var r=0;r<t.length;r++){if(t[r].contentWindow===e.source)t[r].style.height=e.data["datawrapper-height"][a]+"px"}}}))}(); !function(){"use strict";window.addEventListener("message",(function(e){if(void 0!==e.data["datawrapper-height"]){var t=document.querySelectorAll("iframe");for(var a in e.data["datawrapper-height"])for(var r=0;r<t.length;r++){if(t[r].contentWindow===e.source)t[r].style.height=e.data["datawrapper-height"][a]+"px"}}}))}();

 

De igual maneira, a taxa de positividade atopámola no 16%, mentres que a media semanal, que tamén goza dunha tendencia aguanta á baixa, está no 24,7%. É alta? Si, pero representa a metade do que marcaba xustamente hai un mes. Pola outra banda, cabe destacar que apenas se están realizando PCR, con menos de 600 test nos últimos dous días. 

 

TRES CAMBIOS DE MÉTODO ESTES MESES

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un 14%, o que significa a maior baixada -no plano porcentual- desde o cambio de método. Sobre o papel son 402 casos activos menos só nun día. 

 

A media semanal si sofre hoxe un empeoramento destacado. É o único apartado que hoxe perde peso na melloría, pero por unha razón moi sinxela: é moi difícil manter os bos niveis que viña lanzando. Galicia perde casos a un ritmo do -4,88%, case dous puntos menos que o luns pasado, pero segue sendo un ritmo moi alto, e sostido no tempo, que é o importante.

 

 

DATOS POR ÁREAS

Con estas cifras na man, non é estraño ver que as áreas sanitarias experimentan unha caída moi notable. Encontras á área da Coruña como a única con máis de medio milleiro de casos activos, pero á vista do ocorrido, talvez isto poida cambiar nos próximos días. Hai 565 casos activos na área herculina. 

 

Séguena Ourense, con 381, e Santiago, con 378. Con 332 está Vigo e con 301 Lugo. Pontevedra e Ferrol, as máis pequenas, atópanse xa por baixo do limiar dos 300 casos activos, con 274 e 242 casos respectivamente. 

 

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A rapidísima caída da transmisión da que gozamos desde finais de xuño parecía cambalearse, pero esta fin de semana deu un novo acelerón. Isto permite soster no tempo a "boa saúde" da pandemia en Galicia. Con todo, é importante recalcar o esforzo realizado durante estes meses polos profesionais sanitarias, extenuados e baixo mínimos nestes momentos. O seu labor é fundamental para que hoxe podamos celebrar estas cifras.
  • Talvez o punto negativo sexa que os números non veñen acompañados dun descenso igual de pronunciado nos hospitais. Son 253 os pacientes de Covid-19 que están ingresados estes momentos en planta e trece en UCI. Os números melloran, pero nestes momentos non á velocidade que a todos gustaríanos. 

 

 

  • Por experiencias anteriores, é recomendable seguir extremando as precaucións mentres non se administra a cuarta dose aos grupos máis vulnerables. A pesar de todo, non hai nada que pode aventurar un cambio de tendencia ou un rebrote da enfermidade. 
  • De producirse unha nova onda, oxalá non sexa tan masiva como a anterior. Hai que ter en conta as elevadísimas cifras de mortes que deixou a de xuño. As cifras de decesos que estamos a ver estes días son produto daqueles contagios. O balance é preocupante, con case 6 mortes por covid por xornada. Non hai actualizació n de decesos nas últimas horas, como vén sendo habitual os luns. Mañá será cando nos atopemos coa realidade da fin de semana.

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE