Colectivos ecoloxistas instan o Concello do Saviñao a realizar unhas festas sen malos tratos animais

Ecoloxistas en Acción Galiza e o colectivo Activistas Galegas Antiespecistas (AGA) reclaman ao Concello do Saviñao unhas festas libres de malos tratos animais.


|

Photo1659658017
Carrera de burros nas festas de Saviñao (Lugo)

Os colectivos Ecoloxistas en Acción Galiza e Activistas Galegas Antiespecistas (AGA) entregaron onte por rexistro ao Concello do Saviñao (Lugo) e o seu alcalde, Juan Carlos Armesto Quiroga, un comunicado no que solicitaban a suspensión da carreira de burros programada para o martes, día 9 de agosto ás 12:00. Os colectivos consideran que este evento, que forma parte das festas do Saviñao, promove os malos tratos dos animais e atenta contra o seu benestar.

 

Estas asociacións aseguran que as carreiras de burros teñen hoxe en día un gran rexeitamento social, xa que estas competicións obrigan a estes animais para correr a unha velocidade que non é habitual para eles. Desta maneira, afirman, non se lle dá importancia ao estrés, aos danos físicos que se lles poida producir e o seu único obxectivo é divertir ao público. Declaran ademais que os burros son empuxados, zarandeados, golpeados e humillados, o que os leva a un estado de terror e angustia.

 

AGA e Ecoloxistas en Acción Galiza aseguran que existen probas clínicas de que estes animais sofren danos físicos e psicolóxicos, confirmadas a través da análise de burros usados en anos anteriores noutras festas similares, como é o caso do Festival do Peropalo en Villanueva de Beira (Cáceres), que mostran danos metabólicos e rupturas musculares nos animais. Falan ademais dos riscos que conleva para os burros a realización destes espectáculos baixos a calor, que os podería levar á morte.

 

 

Os colectivos piden ao Concello do Saviñao, ao seu alcalde e aos responsables da organización dos festexos que asuman que existen outras moitas maneiras de divertir aos veciños, sen usar aos animais. Ademais, han solititado ao Colexio de Veterinarios de Lugo que se pronuncie fronte a este tema.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE