O SERGAS non comunica mortes por covid durante catro días cando antes da ponte estaban a morrer 10 persoas cada xornada

Tras dous días sen dar datos, alegando que era festivo, a Xunta comunica unhas cifras de covid que manteñen a tendencia á baixa da transmisión a bo ritmo. Con todo, son cifras moi febles porque proveñen de moi poucas PCRs debido aos festivos.

 


|

 

 

 

A fronte hospitalaria segue aliviándose con máis de 200 hospitalizados menos que o pasado martes. Con todo, a derivada desta curva indícanos que estamos preto de tocar fondo cando aínda non baixamos de 500 hospitalizados en planta.

 

A curva de falecidos dos últimos días é de todo irreal. Levamos catro días sen mortes cando antes da ponte a media diaria, desde unha perspectiva semanal, chegara á moi preocupante cifra de 10 mortes por xornada. A ausencia de mortes no últimos catro días hai que atribuíla por tanto á intermitencia dos datos do SERGAS. Nos próximos días seguro que sufrimos outra avalancha de comunicacións de mortes.

 

 

 

 

A incidencia acumulada semanal ha baixado moitísimo esta ponte ata case poñerse por baixo dos 100   positivos por 100.000 habitantes, que sería a mellor cifra do ano.   A incidencia acumulada a 14 días tamén decrece ao valor máis baixo en meses. Con todo, estes esborralles non son cribles, polo menos non en tal magnitude. Débense á citada pouca actividade sanitaria polos festivos.

 

O dobre da incidencia a 7 días é  menor que a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é de 0,74  , por tanto na última semana houbo un   26% de positivos menos que na penúltima. É practicamente a mesma velocidade de melloría que o martes pasado. Teniendo en cuenta a rebaixa artificial de casos pola ponte, debemos estimar  que aínda que podamos seguir mellorando xa non estamos a baixar tan rápido como hai unhas semanas.

 

O SERGAS viña facendo unhas 500 PCR ao día antes da ponte. Onte e antonte completou menos de 170, de aí o bajonazo de positivos. O esperable é que a menos PCR houbese máis positividade. Isto produciuse, pero non de maneira esaxerada. De feito, a media semanal da taxa de positividade, aínda que deixou de baixar, mantense practicamente igual que antes da ponte, en torno ao 33%.
 

 

TRES CAMBIOS DE MÉTODO ESTES MESES

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

 

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -11 %, igual que onte. Con todo, este descenso está esaxerado pola citada pouca actividade sanitaria nos festivos. Á súa vez isto inflúe en que a media semanal aguante á baixa, aínda que sexa unhas décimas.

 

 

 

 

A curvav da derivada non acelerou o seu descenso para pesar do empuxón artificial que recibiu pola ponte. Isto permítenos estimar que o momento de máxima velocidade de caída dos casos activos nesta fase de melloría xa pasou. Seguimos mellorando pero, a pesar do que digan as cifras oficiais, cada día un pouquiño menos.

 

 

DATOS POR ÁREAS

 

Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase como a fase de melloría nesta onda foi moito máis rápida e pronunciada que na anterior. Algo que non se debe só á distorsión á baixa producida por esta ponte e que é sorprendente ante a enorme mobilidade social destas semans. Unha hipótese é que tantos contagios recentes creasen certa inmunidade grupal, aínda que sexa de forma pasaxeira. 

 

 


 

Con tan poucas PCRs é normal que a área con máis positivos comunicados hoxe, A Coruña, informe dun número moi modesto, menos de 60.  A Coruña, a área máis poboada, é a área con máis presión hospitalaria, a única por encima dos 100 encamados. Con todo, a presión hospitalaria segue sendo relevante en todas as áreas. 

 

 

 

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A distorsión nas series estatísticas provocada polo festivo impide saber de certo que rumbo está a tomar a pandemia. Con todo, pódese estimar que segue a caída da transmisión, aínda que cada vez a un ritmo con menos brío.
  •  Dous anos e medios despois da pandemia nin a Xunta nin o Estado son capaces, ou non queren, ofrecer datos os festivos. Como ademais a Xunta non publica as súas cifras nun formato aberto, que permita recuperar os históricos de maneira sistemática, o resultado é que a robustez das series estatísticas que pode manexar o público debilítase moito. Isto resta credibilidade á información oficial e hai que lembrar que o prestixio das autoridades sanitarias é unha das ferramentas craves contra a pandemia.  
J2auD mortes con por covid en galicia (3)
J2auD mortes con por covid en galicia (3)

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE